NADAL
A San Silvestre reuniu a máis de 2.000 corredores nas rúas compostelás
A terceira edición da San Silvestre de Santiago foi todo un éxito, coa participación de máis de 2.000 corredores e corredoras entre adultos e escolares. Esta cifra de inscritos supón case dobrar a participación de 2014, consolidando a proba compostelá no calendario destas tradicionais carreiras do último día do ano.
ACCIÓN CULTURAL
Os d'Abaixo, O Sonoro Maxín e Bigote Mix ofrecerán máis de cinco horas de música en galego para despedir o ano
Este xoves, a praza do Obradoiro encherase de música e espectáculo en galego para despedir o ano 2015 e darlle a benvida ao 2016.
ALCALDÍA
O alcalde invita a veciñanza a participar na construción da Compostela do futuro
O Centro Galego de Arte Contemporánea acolleu esta tarde o acto co que o Concello celebrou o 30º aniversario da declaración de Santiago como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Foi unha cerimonia sinxela, conducida pola xerente do Consorcio, Belén Hernández, e que estivo amenizada por alumnado da Escola Municipal de Música.
ACCIÓN CULTURAL
Eme2 Producións presenta "Jim e a illa do tesouro" dentro da programación de Nadal
Eme2 Producións presenta Jim e a illa do tesouro, un espectáculo de monicreques e actores, dentro da programación de Nadal. Será este mércores 30 de decembro, a partir das 19:00 horas, no Teatro Principal. A representación está dirixida a nenos e nenas de 5 anos en diante e ten unha duración de 60 minutos.
DEPORTE
O alcalde visitou o Campus Vero Boquete
O alcalde, Martiño Noriega, achegouse esta mañá ata o campo de fútbol de Santa Isabel, acompañado da concelleira de Deporte, Noa Morales, para saudar os participantes no V Campus de Fútbol Vero Boquete. Máis de 150 rapaces e rapazas de entre 6 e 18 anos están a traballar estes días ás ordes da futbolista galega afincada en Alemaña, que lembrou que ela tamén empezou no mundo do fútbol cun campus deste tipo, tamén en Compostela.
TURISMO
Seguen os obradoiros de cociña infantil en Compostela Gastronómica Nadal
A edición de Nadal de Compostela Gastronómica ofrece no seu programa nove obradoiros de cociña para nenas e nenos de 6 a 12 anos na Aula Gastronómica do Mercado de Abastos. Nestas xornadas, os máis pequenos gozan da cociña mentres aprenden divertíndose con receitas pensadas especialmente para as festas do Nadal, con produtos de proximidade.
ALCALDÍA
Santiago de Compostela conmemora o 80º aniversario da publicación dos "Seis poemas galegos" de Federico García Lorca
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e outros membros da Corporación asistiron na rúa do Vilar ao acto literario de conmemoración do 80º aniversario da edición dos Seis poemas galegos de Federico García Lorca. O acto celebrouse a carón da antiga imprenta Nós, lugar onde se editaron os poemas.
ALCALDÍA
Martiño Noriega sumouse á programación do Nadal e felicitou as festas a Bombeiros e Policía Local nas horas previas á Noiteboa
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, acompañado da concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, visitou o Belén artesanal da igrexa de San Fiz e o Mercado de Nadal da Praza de Abastos. A continuación, asistiu ao concerto Flamenco puro, celebrado no mercadiño de Salgueiriños dentro da proposta dinamizadora Efecto Proximidade.
DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
O Concello lanza Efecto Proximidade para favorecer o desenvolvemento económico e social dos mercados de Compostela
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou o programa Efecto Proximidade, acompañada de Ramón Pinheiro Almuinha, director artístico de aCentral Folque, empresa contratada para a organización da actividade, e Marcos Teira, músico e director do espectáculo Flamenco impuro.
ALCALDÍA
O alcalde recibiu no Pazo de Raxoi a Agrupación Cultural O Galo
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reuniuse coa Agrupación Cultural O Galo, presidida por María Antonia Pérez.