POLÍTICAS SOCIAIS

Vinte mulleres xitanas participan en Santiago nun programa de inclusión social e laboral

30/11/2015

As participantes no programa Sara-Romí pasaron este luns polo Pazo de Raxoi. Esta visita ao Concello forma parte das actividades de motivación persoal e de coñecemento dos recurso da cidade incluídas nesta iniciativa, realizada pola Fundación Secretariado Xitano. As 20 mulleres foron recibidas pola concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, e tamén recibiron o saúdo do alcalde, Martiño Noriega, no salón de plenos. Logo, o programa foi presentado en rolda de prensa.

ALCALDÍA

Martiño Noriega reitera o seu apoio ás mobilizacións do sector lácteo galego

30/11/2015

O alcalde de Santiago volveu expresar hoxe o seu respaldo e o do Goberno compostelán ás mobilizacións dos gandeiros galegos, que poñen en marcha unha nova campaña para reivindicar un prezo xusto para o leite. Por iso, Martiño Noriega acompañou hoxe nunha rolda de prensa no Pazo de Raxoi aos representantes da Plataforma en Defensa do Sector Lácteo Galego. Óscar Pose (Unións Agrarias), Anxo Escariz (Organización de Produtores de Leite) e Tomás Díaz (Organización Rural Galega) deron conta do...

CONSORCIO

O músico catalán Damián Arenas, contrabaixo da Orquestra Sinfónica de RTVE, impartirá clases a músicos galegos

30/11/2015

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes novos. No marco deste proxecto, ofrécese a posibilidade de asistir ao longo do ano a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de prestixio internacional. A vindeira semana contarase coa presenza do recoñecido contrabaixista catalán Damián Arenas. Ademais dos alumnos da Escola, ofrécense cinco prazas para músicos externos ao centro.

TURISMO

O "Camiño das Burbullas" permitirá catar os mellores escumosos galegos en 19 locais de Santiago do 1 de decembro ao 5 de xaneiro

28/11/2015

Vinte establecementos de Santiago terán na súa oferta deste Nadal unha selección dos mellores escumosos galegos, que o público poderá degustar a prezos comúns nos distintos locais tanto en copa como en botella. Esta oferta conxunta enmárcase dentro do Camiño das Burbullas. Ruta dos Escumosos Galegos, que se celebrará entre o 1 de decembro e o 5 de xaneiro e que conta co patrocinio de Mar de Frades.

ACCIÓN CULTURAL

Cineuropa despide esta XXIX edición cunha escolma do mellor cinema do ano

28/11/2015

O festival Cineuropa despídese este domingo cunha escolma do cine máis premiado nos grandes festivais. Así, poderase ver Paulina (La Patota), de Santiago Mitre, Gran Premio Semana da Crítica e Premio FIPRESCI en Cannes, ás 18:15 h no Teatro Principal; Ixcanul, de Jayro Bustamante, Premio Alfred Bauer en Berlín, no Salón Teatro ás 18:00 h; Right Now, Wrong Then, de Hong Sang-soo, mellor película e actor no festival de Locarno, ás 20:00 h no Teatro Principal; Chronic, de Michel Franco,...

Compartir: