ALCALDÍA
Homenaxe a Ramón Piñeiro co gallo do centenario do seu nacemento
O alcalde de Santiago en funcións, Agustín Hernández, asistiu ao acto en lembranza de Ramón Piñeiro, no día do centenario do seu nacemento. A cerimonia incluíu o descubrimento dunha placa no número 15 da rúa Xelmírez, na casa onde onde o intelectual e político galeguista viviu dende os anos 50.
XUVENTUDE
Entrega de placas e discos aos gañadores da VII edición do certame MúsicaXove
O Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche acolleu a entrega de placas e dos discos gravados da VII edición do certame MúsicaXove, organizado pola Concellería de Xuventude e que contou coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia. Nesta edición participaron máis de 40 grupos musicais de toda Galicia.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno dá o visto bo ao convenio coa Deputación da Coruña para financiar o Plan de Competitividade Turística 2015
A Xunta de Goberno aprobou a sinatura dun convenio de colaboración coa Deputación da Coruña para o financiamento do Plan de Competitividade Turística de Santiago de Compostela 2015. Ademais, encoméndase á empresa municipal Información e Comunicación Local, S.A. (INCOLSA) a xustificación da execución do convenio diante da Deputación, tendo en conta que esta empresa municipal xa ten encomendadas as accións incluídas nese Plan.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobadas as listaxes definitivas de admitidos e de agarda nas escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños
Na súa sesión ordinaria deste venres, a Xunta de Goberno aprobou a listaxe definitiva de admitidos, excluídos e de agarda nas escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños para o curso 2015-2016.
CULTURA
Cancelado o concerto de Ñu previsto para o 6 de xuño dentro do Compostela Rock
A banda Ñu e a promotora que o xestiona veñen de comunicar á Concellería de Cultura que se cancela o seu concerto previsto na Sala Capitol o vindeiro 6 de xuño e que estaba dentro da programación do noso ciclo Compostela Rock. Vense na obriga de levar a cabo esta cancelación por cuestión técnicas da xira.
CULTURA
Teatro, humor, música e acrobacias na programación cultural desta fin de semana
A programación cultural desta fin de semana ofrece seis espectáculos para elixir arredor do teatro, do humor, da música e do circo. O sábado teremos unha nova función de Saxo tenor co Teatro Nacional Dona Maria II, humor con Dani Mateo no ciclo Falabaratos e concerto do Compostela Rock con Agapornis e The Fabulous Resaca Brothers. Na xornada do domingo, concerto da Banda Municipal de Música na Alameda; espectáculo de danza acrobática da compañía Zen del Sur e concerto de Christian McBride dentro do ciclo Jazz 1906.
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia estará presente no vídeo promocional das Cidades Patrimonio
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España está a gravar estes días en Santiago un vídeo promocional, co fin de difundir por todo o mundo os atractivos de cada unha das 15 urbes que conforman o grupo, incluída Santiago de Compostela. Entre as imaxes elixidas como representativas da capital galega atópase a Real Filharmonía de Galicia. Onte xoves pola noite gravouse á orquestra no Auditorio de Galicia, durante a celebración do seu concerto semanal de abono.
EDUCACIÓN
Admisión nas escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños
Na sesión celebrada o día 28/05/14, a Xunta de Goberno da Cidade de Santiago de Compostela acordou aprobar as listaxes definitivas de admitidos, excluídos e listas de agarda nas Escolas Infantís Municipais de Conxo, Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños para o curso 2015-2016.
DEPORTES
O circuíto XiraKarting instalarase este venres en Salgueiriños, lugar onde tamén se celebrará o Día da Familia
O Concello de Santiago colabora un ano máis co XiraKarting, que chega á cidade este venres 29 de maio. Ata o domingo 31, os composteláns terán a oportunidade de pilotar un kart no circuíto situado en Salgueiriños. Ademais, nesta novena edición a oferta lúdica complétase coa celebración do Día Internacional da Familia, organizado polo Centro de Información á Muller (CIM). Na mesma localización do circuíto, durante a tarde do venres, haberá inchables, xogos, actividades e...
DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE
Santiago de Compostela uniuse á celebración do Día do Can sen Raza
A concelleira de Desenvolvemento Urbano Sostible en funcións, Teresa Gutiérrez, xunto con membros do Refuxio de Animais, uniuse á celebración do Día do Can sen Raza, unha iniciativa promovida pola publicación 20 minutos. As actividades desenvolvéronse na praza do Toural entre as 11:30 e as 21:00 horas.