CONSORCIO
O Consorcio aprobou a programación 2015-2016 da Real Filharmonía de Galicia e da Escola de Altos Estudos Musicais
O Consorcio de Santiago celebrou esta mañá a súa Comisión Executiva, presidida polo alcalde da cidade e presidente do organismo interadministrativo, Martiño Noriega. Ademais dos representantes das tres Administracións consorciadas -Administración Xeral do Estado, Xunta de Galicia e Concello de Santiago-, asistiron por invitación os portavoces dos grupos municipais, pendente de que se celebre o Pleno que faga efectivo o nomeamento dos dous concelleiros que terán parte no Consorcio.
POLÍTICAS SOCIAIS
Os servizos sociais municipais facilitarán o acceso á piscina de Sar a familias sen recursos durante os meses de xullo e agosto
A Concellaría de Políticas Sociais vén de por en marcha o Proxecto de Promoción do Acceso aos Recursos Municipais, co obxectivo de favorecer o acceso a determinadas instalacións ou programas municipais cando a o seu custo sexa un impedimento para determinadas familias e de mellorar a súa calidade de vida. Neste verán, o proxecto permitirá gozar a unha serie de familias da piscina de Sar durante os meses de xullo e agosto.
CULTURA
Rinaldo Alessandrini e o seu Concerto Italiano volven ao Festival Via Stellae cun programa de Claudio Monteverdi
Volven ao Festival Via Stellae Rinaldo Alessandrini e o seu Concerto Italiano. Trinta anos de éxitos en todo o mundo, recoñecementos e premios avalan o rigor da carreira desta agrupación italiana que contribuíu decisivamente a revolucionar os criterios para a execución da música antiga. Poderemos escoitalos este mércores 1 de xullo, a partir das 20:30 horas, na Igrexa de San Domingos de Bonaval. A entrada a este concerto será de balde previa retirada de invitacións no despacho de billetes do Principal (que abre de 18:00 a...
CONVIVENCIA
Continúan as obras do paso inferior de Conxo
Tal e como se acordou a semana pasada na reunión convocada polo alcalde, Martiño Noriega, para desatascar a situación de parálise dos últimos meses, hoxe luns retomáronse as obras do paso inferior de Conxo na súa segunda fase.
ALCALDÍA
O pleno de constitución celebrarase este luns
Despois da terceira reunión da xunta de voceiros, aínda non hai acordo respecto ao réxime de dedicacións exclusivas e persoal de confianza. Así o indicou tras a xuntanza o alcalde, Martiño Noriega, que anunciou que o pleno de constitución terá lugar o vindeiro luns, 6 de xullo.
IGUALDADE
Compromiso do Goberno municipal coas políticas de igualdade de xénero
Unha representación da Marcha Mundial das Mulleres foi recibida en Raxoi polo alcalde, Martiño Noriega. No acto tamén participaron as concelleiras de Igualdade, Marta Lois; de Mocidade, Noa Morales; de Políticas Sociais, Concha Fernández; e de Economía, María Rozas.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
O Concello homenaxeou os directores e profesores dos centros de ensino composteláns que se xubilan este ano
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, presidiu no salón vermello de Raxoi o acto de homenaxe aos directores e profesores dos centros de ensino público de infantil e primaria de Santiago de Compostela que se xubilan este ano. A todos eles felicitounos por este "merecido" recoñecemento e desexoulles unha "nova andaina xubilosa e venturosa".
ACCIÓN CULTURAL
Raquel Andueza e La Galanía lembran a Tarquinio Merula no Via Stellae
Despois da inauguración cun concerto do pianista Uri Caine, na segunda xornada do Via Stellae teremos a Raquel Andueza e La Galanía achegándonos a un dos compositores máis importantes –e tristemente un dos máis esquecidos– do século XVII, con ocasión do 350º aniversario da súa morte: Tarquinio Merula. O concerto será este martes, a partir das 20:30 horas, no Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia). A entrada a este concerto será de balde previa retirada de invitacións no...
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia interpreta este venres as tres últimas sinfonías de Mozart no Hostal dos Reis Católicos
A Real Filharmonía de Galicia participa na X edición do festival de música clásica Via Stellae, que se está a celebrar en Santiago de Compostela. A orquestra actúa este venres, 3 de xullo, no Hostal dos Reis Católicos, no Patio de San Xoán, ás 20:00 horas. Os músicos estarán dirixidos polo mestre compostelán Maximino Zumalave, director asociado da RFG. En caso de choiva, o concerto trasladarase ao Teatro Principal.
DEPORTE
Intensa xornada deportiva con escalada, baloncesto e carreira de obstáculos
Este sábado, a cidade acolleu varios acontecementos deportivos. O primeiro deles, pola mañá, foi a última xornada do II Jamboree de Minibasket. Xa pola tarde celebrouse a primeira edición da Gladiator Race e a primeira proba da Copa Galega de Escalada en Bloque. A concelleira de Deporte, Noa Morales, achegouse ata estes tres eventos.