XUNTA DE GOBERNO

O Concello concede a licenza para a ampliación do CEIP de Roxos

31/07/2015

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, deu conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno, como a concesión da licenza para as obras de ampliación do CEIP de Roxos. Ademais, aprobáronse as bases das subvencións para as asociacións veciñais e para o deporte federado.

ACCIÓN CULTURAL

Rematan as actividades das Mañás de Verán e de Xogo nos centros socioculturais

31/07/2015

Este venres finalizaron as Mañás de verán e de xogo, incluídas no programa Vive o verán, que durante todo o mes de xullo se desenvolveron nos centros socioculturais de Vite, Conxo, Santa Marta, Fontiñas, A Gracia e Nemenzo. Concluíu tamén o campamento infantil organizado pola Asociación de Veciños "Nova Xeira" de Figueiras no local sociocultural desta parroquia.

ACCIÓN CULTURAL

Os martes, mércores e xoves de agosto teremos música, teatro, danza, maxia e circo co programa Verán na Rúa

31/07/2015

A Concellaría de Acción Cultural presenta para o mes de agosto unha programación que encherá de música, teatro, danza, maxia e circo dous espazos habituais para os composteláns, e emblemáticos para todos os que nos visitan: as prazas de San Martiño Pinario e a da Quintana. Unha variada oferta dirixida a todo o público que só se terá que preocupar de coller un bo sitio para ver os diferentes espectáculos, xa que todas as actividades son de balde. Os martes e xoves será na praza da Quintana e os...

ALCALDÍA

O alcalde reitera a vontade de "democratizar as festas" e de manter un diálogo fluído e crítico co tecido asociativo de Compostela

31/07/2015

Cun "benvidos á vosa casa" recibiu o alcalde, Martiño Noriega, no Pazo de Raxoi, a membros das asociacións veciñais e do Consello de Relacións Veciñais, con motivo dos fogos de fin de festa do Apóstolo. Con este acto, quixo simbolizar a vontade do Goberno local de "democratizar as festas", tal como sucedera tamén co pregón ou co reparto de convites para presenciar os Fogos do Apóstolo do 24 de xullo.

FESTAS

O espectáculo pirotécnico e un moi aplaudido concerto da Real Filharmonía pecharon as festas do Apóstolo máis diversas e abertas

31/07/2015

Uns 15 minutos de fogos artificiais pecharon as festas do Apóstolo máis diversas, descentralizadas e abertas. Foron 15 días de actividades, todas de balde, cunha participación masiva de composteláns e visitantes. Dende o punto de vista musical, o broche ás festas púxoo a Real Filharmonía de Galicia cun concerto na praza da Quintana ao que o público respondeu con entusiasmo e longos aplausos.

ALCALDÍA

O alcalde recibirá os representantes veciñais de Santiago de Compostela con motivo dos fogos de fin de festa do Apóstolo

30/07/2015

Os convites para que a cidadanía presenciase os pasados Fogos do Apóstolo iniciaron unha nova etapa na que o Goberno local quere abrir o espazo municipal e os seus actos aos veciños e veciñas. Nesta liña e con motivo dos fogos de fin de festa do Apóstolo, o alcalde, Martiño Noriega, e o resto da Corporación, recibirán mañá venres no Pazo de Raxoi a membros das asociacións veciñais e do Consello de Relacións Veciñais.

ALCALDÍA

O Goberno municipal reafirma o seu compromiso por un Concello laico

30/07/2015

O alcalde compostelán, Martiño Noriega, e o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, reuníronse con representantes da asociación Europa Laica, que nestes días participa nun curso de verán organizado pola Universidade de Santiago.

Compartir: