ACCIÓN CULTURAL
O Auditorio de Galicia e a Real Filharmonía de Galicia abren o período de renovación do Programa de Abono 2015-2016
O Auditorio de Galicia e a Real Filharmonía de Galicia abren este martes o prazo de renovación dos abonos para a tempada 2015-2016. Todos aqueles abonados da pasada tempada que estean interesados en renovar para a vindeira poden facelo chamando ao teléfono 981 571 026 en horario de 11:00 a 14:00 horas os días 1, 2, 3, 4, 7, 8, 9 e 10 de setembro.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Santiago de Compostela adhírese á Conferencia de Alcaldes pola Paz
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asinou o documento de adhesión de Santiago de Compostela á Conferencia de Alcaldes pola Paz (Mayors for Peace). A cidade súmase así a unha rede internacional integrada a 1 de agosto por 6.779 cidades de 161 países.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno abre o procedemento de adxudicación do servizo de comedores escolares para os cursos 2015/16 e 2016/17
A Xunta de Goberno Local aprobou a apertura do procedemento de adxudicación do servizo de comedores escolares para os cursos 2015-2016 e 2016-2017, así como a súa tramitación urxente. Ata que se de adxudique o novo contrato, prorrógase o existente coa empresa que actualmente ten concedido o servizo.
TURISMO
As cidades Patrimonio da Humanidade de España promocionan esta fin de semana en Frankfurt a súa oferta turística e cultural
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España participará este fin de semana na cuarta edición de Spanien am Main, a importante campaña de promoción que organiza Turespaña a través da súa Oficina de Turismo en Frankfurt, a quinta cidade máis poboada de Alemaña e considerada a súa capital financeira, con motivo da celebración do 28 ao 30 de agosto do festival MuseumsUferFest.
ALCALDÍA
O alcalde destaca a mellora que vai supor para a atención primaria de Santiago o novo centro de saúde de Galeras
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, visitaron as obras de construción do centro de saúde do barrio de Galeras. Esta instalación atenderá unha poboación de máis de 12.000 persoas.
ALCALDÍA
Avanzan os preparativos da edición 2016 de Womex, que terá de novo a cidade como sede
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, reuníronse co secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil; e a directora xerente da Fundación Cidade da Cultura, Beatriz González Loroño. Tamén participaron Vítor Belho e Paco de Pin, de Nordesía. Nesta xuntanza avanzouse nos preparativos da edición 2016 de Womex, a feira mundial de músicas do mundo que de novo se...
ALCALDÍA
Martiño Noriega defende o labor facilitador e sensibilizador que debe xogar o Concello con clubs representativos como a S.D. Compostela
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu en Raxoi o presidente da S.D. Compostela, Antonio Quinteiro, e o seu vicepresidente, Javier García, cos que falou sobre a nova temporada que o equipo vén de comezar na Segunda B e das necesidades de reforma do Estadio de San Lázaro.
ACCIÓN CULTURAL
As acrobacias aéreas das irmás Bambalas pechan a edición 2015 de Verán na Rúa
A compañía Bambolea, en coprodución con Alas Circo ofrece este xoves o espectáculo Bambala, unha función de acrobacias aéreas para todos os públicos. Será ás 19:30 horas na praza da Quintana e servirá para pechar a edición 2015 do programa Verán na Rúa.
ALCALDÍA
O Goberno local valora a aprobación do proxecto de enlace da AP-9 coa A-54 e agarda que Fomento licite as obras canto antes
O Goberno municipal considera unha noticia positiva para a cidade a aprobación polo Ministerio de Fomento do expediente de información pública e do proxecto de trazado da conexión da AP-9 coa autovía A-54 (enlace orbital). O orzamento de licitación estimado ascende a 45,28 millóns de euros.
ACCIÓN CULTURAL
O Mago Romarís presenta "As macetas máxicas chinesas" dentro de Verán na Rúa
O programa de actividades en agosto da Concellaría de Acción Cultural, Verán na rúa, presenta este mércores 26 As macetas máxicas chinesas, do Mago Romarís. Será a partir das 19:30 horas na praza de San Martiño Pinario (se chove o espectáculo trasládase ao Teatro Principal). Ten unha duración de 45 minutos e está dirixido a todos os públicos. Xa o xoves, poderemos ver a Bamb-Alas, á mesma hora pero na praza da Quintana, coas que pechamos o programa deste 2015.