TURISMO
Santiago acollerá o 70º congreso da SEORL
Santiago acollerá os 1.500 participantes estimados para o 70º Congreso Nacional da Sociedade Española de Otorrinolaringoloxía e Patoloxía Cérvico-Facial (SEORL), que se celebrará nos meses de outubro ou novembro do 2019, nunha datas aínda por definir.
ALCALDÍA
As cidades Patrimonio da Humanidade solicitarán axudas económicas a nivel estatal e europeo para paliar o sobrecusto que supón a conservación dos seus cascos históricos
As 15 cidades Patrimonio da Humanidade van solicitar axudas económicas específicas tanto a nivel estatal como da Unión Europea para paliar o sobrecusto que supón ás mesmas a conservación dos seus centros históricos. Este foi o principal acordo adoptado polos alcaldes asistentes –entre eles o compostelán, Martiño Noriega- á Asemblea Xeral do Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España que tivo lugar este sábado en Ávila. A reunión celebrouse no Palacio dos Verdugo, sede permanente da...
MOCIDADE
Dezasete novos cursos e talleres para mozos e mozas nos últimos dous meses do ano
A Concellaría de Mocidade pon a disposición dos mozos e mozas da cidade unha serie de actividades formativas para atender aos seus intereses e motivacións, en colaboración con profesionais e colectivos locais especializados en diversos sectores. A concelleira de Mocidade, Noa Morales, presentou o calendario de cursos e talleres para os meses de novembro e decembro. A participación en todos é de balde.
MOCIDADE
A Concellaría de Mocidade presenta as terceiras edicións dos certames "Foto con sentimento" e "ImaxinArt"
A concelleira de Mocidade, Noa Morales, presentou as novas edicións de dous certames dirixidos a mozos e mozas de 14 a 30 anos. Trátase do III Certame de Fotografía co Móbil "Foto con sentimento" e do III Certame de Creación ImaxinArt "Búscase logo".
DEPORTE
As seleccións de fútbol gaélico de Galicia e Irlanda enfróntanse este sábado nas Cancelas
Este sábado o campo de fútbol das Cancelas acollerá dous partidos de fútbol gaélico. Ás 18:00 e 19:30 horas, enfrontaranse, respectivamente, as seleccións feminina e masculina de Galicia e Irlanda.
CEMITERIOS
O cemiterio de Boisaca amplía o seu horario por mor da festividade de Todos os Santos
Por mor das festividades de Todos os Santos e Defuntos, o cemiterio de Boisaca verá ampliado o seu horario de apertura nos días 1 de 2 de novembro. Así, nesas xornadas poderase acceder ao camposanto de 9:00 a 19:00 horas.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago saca a concurso a renovación do escenario do Teatro Principal
Unha vez recibidas as correspondentes licencias por parte do Concello, o Consorcio de Santiago acaba de sacar a concurso a renovación do escenario do Teatro Principal. As empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata o 23 de novembro.
COMERCIO
O Concello recibiu o seu accésit ao Premio Nacional de Comercio Interior do ano 2015
O Concello de Santiago de Compostela recibiu o accésit ao Premio Nacional de Comercio Interior do ano 2015, convocado anualmente polo Ministerio de Economía e Competitividade para proxectos de revitalización comercial vinculados á rexeneración urbana. O galardón foi recollido por Lucía Castro, técnica de Comercio, nun acto celebrado no propio Ministerio.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno acorda cumprir a sentenza do TSXG e liquidar o contrato do servizo de guindastre e ORA
A Xunta de Goberno acordou hoxe a execución da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que deixou sen efecto a adxudicación do contrato de concesión da ORA e o guindastre a favor da empresa Setex Aparqui. Deste xeito, acórdase proceder á liquidación do contrato, segundo o indicado pola intervención municipal.
FACENDA
O Goberno local presenta a súa proposta de ordenanzas fiscais, baseada na redistribución da carga fiscal e no aumento das bonificacións
A concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, presentou na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno a proposta de ordenanzas fiscais do Goberno de Compostela Aberta que será debatida na Comisión de Facenda do vindeiro mércores. A edil destacou "o aumento das bonificacións fiscais, moitas delas ata o máximo legal, que farán que moitas persoas se vexan beneficiadas e vexan reducido o seu recibo do IBI".