XUNTA DE GOBERNO

Iniciada a licitación das obras de ampliación e mellora do viario da Cañoteira (Marrozos)

28/04/2017

A Xunta de Goberno acordou hoxe iniciar o procedemento de adxudicación das obras de ampliación do viario Cañoteira-Outeiro, na parroquia compostelá de Marrozos. A actuación ten un orzamento de máis de 380.000 euros, IVE incluído, procedente das obras do PAS 2015 da Deputación da Coruña. O alcalde, Martiño Noriega, resaltou a importancia deste proxecto "nunha parroquia con serios problemas de accesibilidade, relacionados coa presenza das vías do tren".

POLÍTICAS SOCIAIS E DIVERSIDADE

"Cerebro, artes, acción", espectáculo de danza de Torre de Babel, no Auditorio

28/04/2017

O Auditorio de Galicia acolle este domingo 30 de abril, ás 19:30 horas, un espectáculo de danza a cargo de Torre de Babel, que busca a integración das persoas con discapacidade. O evento enmárcase ademais na celebración do Día Mundial da Danza, que se celebra o 29 de abril.

ACCIÓN CULTURAL

A Feira do Libro regresa este sábado á Alameda

28/04/2017

A Feira do Libro abrirá este sábado as súas portas no paseo central da Alameda de Santiago, e poderase visitar ata o próximo 7 de maio. A tenente de alcalde, María Rozas; o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; e o vicepresidente da Federación de Libreiros de Galicia, Antón Pedreira, presentaron hoxe a 36ª edición desta cita, que leva por lema "A ledicia de ler", en homenaxe ao autor ao que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas, Carlos Casares.

DEPORTE

Santiago acolle a segunda xornada da I Copa Gallaecia de Fútbol Feminino en categoría infantil

28/04/2017

O campo de fútbol do Sergas acollerá o vindeiro luns 1 de maio, en horario de mañá e tarde, a segunda xornada da I Copa Gallaecia de Futfem en categoría infantil. Así o anunciaron esta mañá a concelleira de Deporte, Noa Morales; o vicepresidente da Federación Galega de Fútbol, Javier García, e a coordinadora da sección feminina do club, Maribel Rial.

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno aproba a programación da Ascensión

28/04/2017

A Xunta de Goberno aprobou hoxe a memoria xeral de actividades das Festas da Ascensión 2017, cun orzamento dalgo máis de 200.000 euros. O alcalde, Martiño Noriega, explicou que a programación "seguirá na liña dos últimos anos, apostando pola descentralización e por actividades para públicos de distintas idades".

ACCIÓN CULTURAL

Música e danza na programación cultural da fin de semana

28/04/2017

A programación cultural da fin de semana está protagonizada polas diferentes actuacións coas que se celebra en Compostela o Día Internacional da Danza. O calendario complétase con varias propostas musicais. As entradas poderán mercarse cos descontos habituais no despacho de billetes do Teatro Principal, en entradas.abanca.com ou no 902 434 443.

ACCIÓN CULTURAL

Os galegos Atrás Tigre reciben á asturiana Lorena Álvarez no Compostela Conversa

28/04/2017

A asturiana Lorena Álvarez, a rapaza de San Antolín á que cantou Nacho Vegas, e a súa Banda Municipal serán os invitados da banda compostelá Atrás Tigre na segunda sesión de Compostela Conversa, un novo ciclo da Concellaría de Acción Cultural que reúne a artistas con vínculos comúns nun irrepetible concerto dobre. Ambas bandas dialogarán sobre os fíos invisibles que as unen, como o "tradicional sexy", as musas, o pobo e a cidade, o costumbrismo, o humor o surrealismo e...

DEPORTE

A Andaina dos 50 quilómetros permitirá percorrer a paisaxe máis rica de Compostela

27/04/2017

A concelleira de Deporte, Noa Morales, e o presidente da sección de montaña do Club Deportivo Fontiñas, Iñaki Bilbao, deron a coñecer esta mañá os detalles da XIV Andaina dos 50 quilómetros de Santiago de Compostela, que se celebrará o vindeiro sábado, 6 de maio. A proba está incluída na Copa de Andainas de 50 km da Federación Galega de Montañismo.

CONSORCIO

O Consorcio de Santiago saca a concurso as obras de conservación da igrexa de Santa Cristina de Fecha

27/04/2017

No marco das actuacións que o Consorcio de Santiago leva a cabo no patrimonio do termo municipal, e moi estreitamente relacionado coa cidade histórica e os Camiños de Santiago, vai intervir na igrexa de Santa Cristina de Fecha, situada na parroquia homónima. O organismo interadministrativo acaba de sacar a obra a concurso, por un orzamento global de 27.291,05 euros. As empresas interesadas deberán presentar as súas propostas ata o vindeiro 22 de maio.

Compartir: