XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno aproba a recepción da primeira fase do SUNP-31 de San Marcos

31/03/2017

A Xunta de Goberno aprobou hoxe a recepción da Fase 1 do SUNP-31 de San Marcos. Trátase do paso previo para que esta urbanización poida ser dotada dos servizos básicos de iluminación pública, limpeza ou rozado dos que nunca gozou nos nove anos que transcorreron desde a construción das vivendas.

ALCALDÍA

O alcalde designa promotor da "Festa da Uña 2017" ao Concello de Santiago

31/03/2017

O alcalde, Martiño Noriega, ven de asinar unha resolución para que o Concello de Santiago sexa promotor da "Festa da Uña" de San Lázaro, na súa edición de 2017. Deste xeito, o Goberno quere garantir a celebración desta cita tradicional, en risco porque por primeira vez este ano non existía unha comisión veciñal que se encargara da organización e das tramitacións.

ACCIÓN CULTURAL E IGUALDADE

Sophie Auster presenta en Compostela o seu último traballo, ‘Next Time’

31/03/2017

Con este concerto péchanse as actividades do Concello enmarcadas en Territorio de Mulleres e que se celebraron arredor do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres. O concerto será ás 20.30 h no Teatro Principal e as entradas poden mercarse no propio Principal ou na web e teléfono de Abanca, a 14 euros (7 para os colectivos con desconto)

Compartir: