PLENO
O Pleno aproba un expediente de crédito para afrontar o pago de sentenzas
O Pleno da Corporación aprobou hoxe un expediente de modificación de crédito que permitirá afrontar o pago de diversas sentenzas xudiciais que foron chegando ao Concello nos últimos meses, e que corresponden a casos derivados de mandatos anteriores. A decisión foi adoptada cos votos a favor de Compostela Aberta e a abstención dos tres grupos da oposición.
COMERCIO
Como Pez en el Agua e Perruquería Adri's reciben os premios do concurso de escaparatismo do Samaín
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega fixo entrega dos premios da primeira edición do concurso de escaparatismo do Samaín, organizado polo Departamento de Comercio do Concello e que ten vocación de continuidade.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Santiago de Compostela celebra o Día Internacional da Cidade Educadora
O 30 de novembro celébrase o Día Internacional da Cidade Educadora, unha data que o Concello de Santiago quixo celebrar mediante a lectura, por parte do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, dun manifesto dos alcaldes e alcaldesas da Asociación Internacional de Cidades Educadoras.
IGUALDADE
Entregados os galardóns aos gañadores do I Concurso Recicla o Xénero (Des)Igualdade Ilustrada
A concelleira de Igualdade, Promoción Económica e Turismo, Marta Lois, entregou esta mañá os premios da primeira edición do concurso de ilustracións Recicla o xénero (Des)Igualdade Ilustrada, promovido dende a Concellería de Igualdade no marco do 25 de novembro, día da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.
ALCALDÍA
Acordo co sector hostaleiro para a aprobación dunha nova instrución sobre os aforos dos locais
A mesa de diálogo co sector da hostalería nocturna rematou hoxe cun acordo para a aprobación dunha nova instrución sobre os aforos dos locais. O obxectivo é unificar os criterios, a partir do Código Técnico de Edificación que marca que a forma de evacuación dos locais ten que ser o que determine o seu aforo, máis alá das súas dimensións.
TURISMO
Os concellos de Área Santiago visitan A Veiga para coñecer a súa experiencia en turismo fluvial
Un grupo de representantes dos Concellos de Área Santiago visitaron esta semana o municipio de A Veiga para coñecer de primeira man as experiencias deste Concello en turismo fluvial, especificamente en pesca fluvial. Esta visita enmárcase dentro do obxectivo de posicionar a Área Santiago como un destino turístico de pesca fluvial, aproveitando os múltiples recursos cos que contan os concellos do grupo.
ACCIÓN CULTURAL
Carlos Alba abre na Zona "C" a intervención "The observation of trifles"
Carlos Alba (Madrid, 1984), inaugura na Zona "C" The observation of trifles, intervención seleccionada na primeira convocatoria de apoio á creación en artes visuais da Concellaría de Acción Cultural, na modalidade de intervención artística. A inauguración será hoxe mércores, 30 de novembro, ás 20:00 horas, nun acto no que o artista estará acompañado polo concelleiro Jorge Duarte.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
"Ler para comprender o mundo", o simposio que reivindica a lectura como motor do coñecemento
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, presentou as conferencias que terán lugar no próximo mes de decembro e que levan por nome Ler para comprender o mundo. Ese é o lema do simposio sobre o libro e a lectura que organizará o vindeiro mes a Asociación Galega de Editoras e o Departamento de Educación, en colaboración con Cedro e o Consello da Cultura Galega.
IGUALDADE
O innovador taller "Novas masculinidades" traballará a igualdade cos homes
A Concellaría de Igualdade organiza un obradoiro de igualdade para este fin de semana, dirixido a traballar este tema cos homes. Trátase dun taller de autocoñecemento corporal que leva por nome Novas masculinidades.
TURISMO
O Mercado da Estrela celebrará o seu quinto aniversario os días 17 e 18 de decembro
A concelleira de Turismo, Marta Lois, e as organizadoras do Mercado da Estrela, Mónica Mejías e Elena Sánchez, presentaron no Pazo de Raxoi a quinta edición do evento, que se celebrará os días 17 e 18 de decembro coa colaboración de Turismo de Santiago. O Mercado da Estrela chega a súa quinta edición convertido nun festival urbano de inverno gratuíto para visibilizar o talento das persoas creadoras, artistas, artesáns, produtoras e emprendedoras de Galicia.