FEIRA DO LIBRO
O tenente de alcalde, Jorge Duarte, participa na apertura da Feira do Libro
O segundo tenente de alcalde, Jorge Duarte, achegouse esta mañá á Alameda para participar na inauguración da Feira do Libro. Alí estivo acompañado do vicepresidente da Federación de Libreiros, Antón Pedreira; do secretario de Normalización Lingüística, Valentín García; e da vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, entre outros concelleiros e concelleiras da Corporación compostelá.
XUNTA DE GOBERNO
Iniciado o trámite de posta en marcha dos Orzamentos Participativos de 2017
A Xunta de Goberno acordou hoxe iniciar os trámites para a adxudicación do servizo para a posta en marcha dos orzamentos participativos para o ano 2017. O expediente resolverase mediante procedemento negociado sen publicidade, e conta cun tipo de licitación de 59.945,72 euros. O alcalde insistiu en que "os orzamentos participativos permitirán que a cidadanía interveña na toma de decisións sobre o destino dunha parte dos fondos municipais".
CONVIVENCIA
Xornadas sobre seguridade viaria en Down Compostela, CEE López Navalón e Aspas
Fomentar a autonomía viaria das persoas con discapacidade, facilitar a súa integración e, sobre todo, favorecer a súa seguridade, son os obxectivos dos programas de educación viaria da Policía Local dirixidos a estes colectivos. Esta semana, no marco do programa Vivimos as mesmas realidades, puxéronse en práctica os contidos traballados previamente nas clases dos centros de educación especial Down Compostela, CEE López Navalón e Aspas.
POLÍTICAS SOCIAIS
Compostela uniuse á celebración da Semana da Acción Social pola Educación
A concelleira de Políticas Sociais. Concha Fernández, participou con ducias de nenos e nenas no acto de celebración da Semana da Acción Social pola Educación, realizado na praza da Quintana.
DEPORTE E TURISMO
SantYaGo10K premiará aos grupos máis numerosos de participantes chegados á meta
SantYaGo10K, a carreira nocturna de Santiago de Compostela, introduce este ano novos premios para os grupos máis numerosos que cheguen á meta na praza do Obradoiro. Haberá dous premios para estes grupos de corredores populares: un para o grupo non federado con maior número de participantes que cheguen á meta, e outro especial para o grupo non federado con maior número de particiantes femininas. En ambos casos, o premio será de 150 euros.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Publícase a relación de prazas vacantes na Escola Municipal de Música e ábrese a preinscrición para novo alumnado
Finalizado o prazos de renovación de praza do alumnado actual da Escola Municipal de Música para o curso 2016-2017, veñen de publicarse das prazas vacantes e a apertura dos prazos de preinscrición para o novo alumnado.
FESTAS
Os concertos de Davide Salvado e Soleá Morente pasan a ser de balde
A veciñanza de Santiago poderá gozar dos concertos de Davide Salvado + Batida, do venres 6 de maio, e de Soleá Morente + WAS (We are Standard), do sábado 7 de maio, de maneira gratuíta. Así, todos os concertos da praza da Quintana, en particular, e toda a programación das Festas da Ascensión, en xeral, será de balde.
ACCIÓN CULTURAL
O Concello colabora coa Feira do Libro
O Concello de Santiago facilita a celebración da Feira do Libro, aínda que, atendendo ás inquedanzas do sector, reformula a súa cooperación para este ano 2016.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O CSC de Conxo acolle un curso de iniciación de Dj durante maio e xuño
A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentou este venres un curso de iniciación de Dj que se celebrará durante os venres de maio e xuño no Centro Sociocultural de Conxo. Esta actividade pretende ser o xerme dunha futura Escola de Dj.
CONVIVENCIA
Case 13.000 vehículos foron controlados nas estradas da cidade durante a última campaña de vixilancia da velocidade
Durante os sete días (do 18 ao 24 de abril) que durou a última campaña de vixilancia e control de velocidade nas estradas de Santiago, impulsada pola Dirección Xeral de Tráfico e posta en marcha pola Policía Local, foron inspeccionados 12.908 vehículos. Deles derivaron 118 infraccións por exceso de velocidade, o que representa o 2,82% del total.