EDUCACIÓN E CIDADANÍA

A Concellaría de Educación e Cidadanía inviste 150.000 euros en reparacións e melloras nos centros públicos durante o verán

30/06/2016

O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, presentou esta mañá o Plan de Obras que se acometerá durante o verán nos centros públicos de Santiago. En total, o Concello de Santiago destinará 150.000 euros para o plan de obras de verán, que se complementarán con máis dun millón de euros da Consellería de Educación para levar a cabo obras maiores dos centros, cuxa competencia é autonómica. Ademais investiranse arredor de 60.000 euros na mellora de varios parques...

TURISMO

O Concello lanza un novo programa piloto para decorar as rúas durante o verán

30/06/2016

A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou unha nova acción municipal para dinamizar as rúas de Santiago durante o verán, e nomeadamente no mes "grande" da cidade, o mes de xullo, mediante elementos decorativos que se instalarán en dous puntos representativos tanto do Ensanche como do Casco Histórico: a costa da Camelia (Santo Domingo da Calzada) e o encontro das rúas Orfas, Caldeirería, Cardeal Payá e Tras Salomé.

ALCALDÍA E EDUCACIÓN

Homenaxe aos profesores e directores de centros de ensino xubilados neste curso

30/06/2016

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, presidiu este mediodía o acto de homenaxe ao profesorado e aos directores dos centros de ensino de Compostela que se xubilan este ano. Foi nun acto no Salón Nobre do Pazo de Raxoi, no que participaron centros de ensino público, privado e concertado, así como representantes dos catro grupos da Corporación municipal.

ALCALDÍA

Fomento fixa o mes de xullo como prazo para o remate das obras do paso inferior de Conxo e dos accesos ao Polígono do Tambre

30/06/2016

O alcalde de Santiago participou esta tarde na visita organizada polo Ministerio de Fomento para coñecer a marcha de tres proxectos nos que está traballando o Goberno central na nosa cidade. O percorrido comezou no túnel de Conxo. Alí, Martiño Noriega amosou a súa satisfacción por comprobar que unha obra que trouxo moitas preocupacións a Compostela por fin colleu bo ritmo e vai chegar ao seu fin. O rexedor tamén lle agradeceu á ministra de Fomento, Ana Pastor, que se atenderan as demandas da veciñanza e do propio...

FACENDA

Constituído o grupo motor que dirixirá o proceso dos orzamentos participativos

29/06/2016

O martes pola tarde quedou constituído o grupo motor que dirixirá o proceso de orzamentos participativos para o 2017. Na primeira xuntanza participaron 70 persoas, entre colectivos veciñais, tecido asociativo, partidos políticos (que conforman o Consello de Relacións Veciñais) e cidadáns e cidadás a título individual.

Compartir: