FESTAS
As festas do Apóstolo remataron a ritmo de hip hop e de sons galego-cubanos
A última xornada das festas do Apóstolo estivo protagonizada pola música, e hóuboa ademais para todos os gustos. E para rematar a edición deste ano, os tradicionais fogos artificiais de fin de festa.
ALCALDÍA
O alcalde recibiu os representantes veciñais con motivo dos fogos de fin de festa
Un ano máis e seguindo a aposta do Goberno local de abrir o espazo municipal e os seus actos aos veciños e veciñas, o alcalde, Martiño Noriega, e o resto da Corporación, recibiron este domingo no Pazo de Raxoi a membros das asociacións veciñais e do tecido asociativo para presenciar os fogos fin de festa do Apóstolo.
FESTAS
Roi Casal e música hip hop para pechar as festas do Apóstolo 2016
A última xornada das festas do Apóstolo estará protagonizada pola música, e haberaa ademais para todos os gustos. E para rematar a edición deste ano, os tradicionais fogos artificiais de fin de festa.
FESTAS
Carlos Blanco e Luis Davila pecharon con moito humor unha xornada das festas do Apóstolo engalanada polo traxe galego
As rúas de Compostela enchéronse un Apóstolo máis do colorido das indumentarias tradicionais galegas, no XXXVII Día do Traxe Galego. E para rematar a xornada festiva, Carlos Blanco e Luis Davila fixeron rir ao público que encheu a praza da Quintana co seu Menú do día.
XUNTA DE GOBERNO
O Goberno municipal saca a licitación o contrato de subministro eléctrico
A Xunta de Goberno aprobou hoxe a apertura do procedemento de adxudicación do contrato de subministro de enerxía eléctrica en baixa e media tensión. Esta era unha obriga que o Concello leva incumprindo desde 1997, ano no que se liberalizou o sector da enerxía e no que as administracións públicas debían licitar o servizo para darlle a oportunidade a outras empresas a prestalo, á marxe da antiga Unión Fenosa. O alcalde recordou que, no caso de Compostela, o subministro seguiu correndo a cargo de Gas Natural, e foi preciso...
FESTAS
O "Serán Hip Hop" porá este domingo o broche de ouro ás festas do Apóstolo
A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentou esta mañá o Serán Hip Hop acompañada dalgunhas das persoas que promoven esta actividade dentro das festas do Apóstolo 2016.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba convenios de colaboración con entidades deportivas por máis de 120.000 euros
A Xunta de Goberno aprobou hoxe a sinatura de varios convenios de colaboración con entidades deportivas, ás que o Concello achegará un total de máis de 120.000 euros.
FESTAS
O traxe galego volverá encher as rúas do casco histórico nas festas do Apóstolo
As rúas de Compostela encheranse mañá de novo do colorido das indumentarias tradicionais galegas, no XXXVII Día do Traxe Galego. Trátase dunha das citas máis emblemáticas das festas do Apóstolo, organizada pola Asociación do Traxe Galego en colaboración co Concello, e co patrocinio de El Corte Inglés.
ALCALDÍA
Martiño Noriega recibirá os representantes veciñais de Compostela con motivo dos fogos de fin de festa do Apóstolo
Un ano máis e seguindo a aposta do Goberno local de abrir o espazo municipal e os seus actos aos veciños e veciñas, o alcalde, Martiño Noriega, e o resto da Corporación, recibirán este domingo no Pazo de Raxoi a membros das asociacións veciñais e do tecido asociativo para presenciar os fogos fin de festa do Apóstolo.
PLENO
O Pleno aproba os remanentes de 2015, que inclúen o investimento de 2,2 millóns de euros en diversas obras
O Pleno da Corporación, cos votos a favor de Compostela Aberta e as abstencións de PP, PSOE e BNG, deu luz verde á proposta do Goberno local sobre o destino dos 5,4 millóns de euros de remanentes do 2015.