IGUALDADE
O Concello abre as subvencións de Igualdade a todo tipo de asociacións de Santiago
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo presentou hoxe as bases e a convocatoria de subvencións para o fomento de actividades en prol da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, e de prevención e loita contra a violencia de xénero. Marta Lois salientou que, por vez primeira, todas as asociacións de Santiago de Compostela que desenvolvan as súas actividades no termo municipal poden optar a estas axudas, que ata agora se limitaban ás asociación de mulleres.
DEPORTE
Unhas 1.200 persoas participarán na CorreSan Nocturna Cidade Vella
Xa está todo listo para a celebración da cita estrela do V Circuíto de Carreiras Saudables de Santiago CorreSan, a proba nocturna polo casco histórico compostelán. Será este sábado, 3 de setembro, con saída e chegada na praza do Obradoiro. A día de hoxe xa hai máis de 800 inscritos/as, pero a previsión é que a participación estea en torno ás 1.200 persoas.
ACCIÓN CULTURAL E TURISMO
Womex busca voluntarios e voluntarias
Womex, a maior feira internacional de world music, busca voluntarios e voluntarias que queiran ser parte deste evento, que se celebrará en Santiago de Compostela do 19 ao 23 de outubro. O prazo de inscrición estará aberto ata o 5 de outubro.
POLÍTICAS SOCIAIS
O BOP publica a aprobación definitiva da nova ordenanza Compostela +
O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a aprobación definitiva da Ordenanza de Garantía Básica Cidadá do Concello de Santiago, Compostela +. O texto entrará en vigor nun prazo de 20 días.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Rematadas todas as obras de mantemento da rede de centros de ensino público de Educación Infantil e Primaria de Santiago
O concelleiro de Educación e Cidadanía deu conta hoxe das obras realizadas durante os meses de verán na rede de centros de ensino público de Educación Infantil e Primaria de Santiago. Manuel Dios incidiu en que "por primeira vez en anos, estes traballos están rematados antes do inicio do curso escolar, aínda non finalizado o mes de agosto". O Concello investiu case 150.000 euros nestes arranxos, que chegaron a un total de 19 colexios e escolas infantís e que foran acordados previamente cos seus directores e directoras.
ALCALDÍA E MEDIO AMBIENTE
O Centro de Interpretación Ambiental prepara un novo curso cheo de actividades
O alcalde e o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia visitaron esta mañá en Belvís o Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC), que se está preparando para un novo curso cheo de actividades. Martiño Noriega e Xan Duro reiteraron "a vontade do Goberno de poñer en valor este espazo, dedicado a mellorar a comprensión da nosa cidade e do seu medio natural".
CONVIVENCIA
O Concello pon en marcha medidas para evitar os atascos na contorna de La Salle
A Concellaría de Medio Ambiente e Convivencia, que dirixe Xan Duro, vén de poñer en marcha unha serie de medidas para evitar os problemas de tráfico na contorna do Colexio La Salle. Neste punto víñanse rexistrando importantes atascos nas horas de entrada e saída das aulas, por mor das moitas nais e pais que estacionaban os seus vehículos en dobre fila para deixar e recoller os seus fillos e fillas.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello ampliará a senda peonil das Brañas de Sar grazas ao obradoiro de emprego "Ecotur Xuvenil II"
A Xunta de Goberno aprobou hoxe a aceptación da subvención da Consellería de Economía, Emprego e Industria para o desenvolvemento do obradoiro de emprego Ecotur Xuvenil II. A axuda ascende a 131.651,48 euros, e o Concello cofinanciará o proxecto con 50.000 euros.
ESPAZOS CIDADÁNS E MOBILIDADE
O Goberno local tramita unha ampliación do prazo das obras de Montero Ríos
O Goberno local está tramitando unha prórroga das obras de humanización da rúa de Montero Ríos, que deberán estar rematadas o 14 de novembro. O alcalde deu conta deste novo prazo, e explicou que o atraso que acumulan os traballos "responde, fundamentalmente aos problemas rexistrados coa canalización das redes de servizos, en particular de R".
TURISMO
O tren turístico promociónase entre as familias con "Santiago para peques en tren"
A concelleira de Turismo, Marta Lois, presentou Santiago para peques en tren, novo folleto promocional que se repartirá gratuitamente aos nenos e nenas que suban ao tren turístico. O obxectivo de Turismo de Santiago con este novo material é continuar promocionando a cidade como un destino familiar.