XUNTA DE GOBERNO
Aprobado o proxecto de repavimentación do parque de Santa Susana
A Xunta de Goberno aprobou hoxe o proxecto de repavimentación do parque de Santa Susana, ao que se destinará un orzamento de 140.187,24 euros, IVE incluído, procedente dos remanentes. O prazo de execución desa actuación será de cinco semanas.
ACCIÓN CULTURAL E TURISMO
Un outubro de festivais e potente escena no cuarto número de "Compostelánea"
As concelleiras de Turismo, Marta Lois, e de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentaron no Pazo de Raxoi o número de outubro de Compostelánea, a publicación municipal que informa da ampla oferta cultural e de ocio de Santiago. Trátase do cuarto número desta revista mensual, que naceu no pasado mes de xullo co gallo de ofrecer a habitantes e visitantes de Santiago de Compostela unha guía práctica da programación cultural e turística compostelá.
DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
Compostela volve ser o punto de encontro da cultura maker esta fin de semana
A Maker Faire Galicia, escaparate para a creatividade e o enxeño pensado para todos os públicos e disciplinas, celebrarase os días 1 e 2 de outubro no Pazo de Congresos. A fórmula de Galicia Maker Faire consiste en reunir nun mesmo espazo e tempo a persoas que fan cousas incribles e están dispostas a partillalas co público.
XUNTA DE GOBERNO
Os informes xurídicos avalan que o Concello pode seguir contratando con Serunión
Os informes asinados polos responsables da Asesoría Xurídica do Concello e do Departamento de Contratación sinalan que o Goberno municipal pode seguir contratando con Serunión, adxudicataria do servizo de comedores escolares. Neles sinálase que nin esta empresa nin Villasenín S.L incorreron en dolo, culpa ou neglixencia ao retirar as súas ofertas á licitación do servizo de comedores escolares para os cursos 2015-2016 e 2016-2017, que fora declarado deserto en novembro de 2015. Pola contra, da documentación...
ALCALDÍA
O alcalde recibiu a Borja Golán tras o seu novo título coa Selección Galega
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu a Borja Golán, que con Galicia vén de gañar o Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Squash, xunto con Carlos Cornes, Pascal Gómez e Miguel Mercé. Suma así outro novo éxito ao seu palmarés, tras o seu tamén recente título de campión de Europa.
ALCALDÍA
Martiño Noriega súmase á celebración do Día Internacional das Persoas Maiores
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participou hoxe no acto organizado por Afundación para celebrar o Día Internacional das Persoas Maiores, que se conmemora mañá 1 de outubro.
POLÍTICAS SOCIAIS
Recepción en Raxoi aos peregrinos e peregrinas de Feafes Galicia
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, e outros integrantes da Corporación recibiron un grupo de peregrinos e peregrinas da Federación Galega de Saúde Mental, (Feafes Galicia).
CONSORCIO
Avanzan as obras de limpeza do ciborio da igrexa de San Martiño Pinario, para evitar a entrada da auga ao interior do edificio
O Consorcio de Santiago está a avanzar nas obras de limpeza do ciborio da igrexa de San Martiño Pinario. A intervención, que comezou a mediados de xullo, ten un período de execución de catro meses. O orzamento global da mesma ascende aos 85.207,41 euros.
ACCIÓN CULTURAL
Este luns comeza a edición máis ambiciosa do festival internacional Curtocircuíto
A décimo terceira edición de Curtocircuíto dará comezo o vindeiro luns 3 de outubro, nunha edición na que destacan nomes propios como os directores Abel Ferrara, Sergei Loznitsa, Ana Vaz e Pedro Maia, o crítico de cine Jonathan Rosenbaum, o ex-director da Filmoteca Española Chema Prado, grupos como os escoceses The Cosmic Dead, os cataláns Celestial Bums e os valencianos Siesta! e artistas multidisciplinares como The Legendary Tigerman.
ALCALDÍA E TURISMO
Arranca o proceso para revisar o Plan Estratéxico de Turismo co foro "STO, Santiago Turismo Ordenado"
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, inaugurou esta mañá o Foro STO: Santiago Turismo Ordenado, "Repensando a relación entre o Turismo e a Cidade". Martiño Noriega sinalou que este encontro debe ser "un punto de partida para renovar o Plan Estratéxico de Turismo, nun proceso no que ten que haber escoitas activas cos representantes do sector".