ALCALDÍA E CONVIVENCIA

Santiago segue mantendo índices baixos de criminalidade en relación ao conxunto do Estado

30/04/2018

Santiago segue mantendo índices baixos de criminalidade e na cidade non hai motivos para o alarmismo nesta materia. É a principal conclusión da Xunta Local de Seguridade celebrada hoxe, presidida polo alcalde, Martiño Noriega, e o subdelegado do Goberno na Coruña, Jorge Atán. Na reunión volveu quedar patente o bo clima de colaboración entre os distintos Corpos e Forzas de Seguridade na capital galega.

CONSORCIO

O clarinetista israelí Yehuda Gilad impartirá clases a músicos/as galegos/as

30/04/2018

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes noveis. No marco deste proxecto, ofrécese a posibilidade de asistir ao longo do ano a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de prestixio internacional.

DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

A Feira do Libro regresa este sábado á Alameda

27/04/2018

Dende mañá sábado, 28 de abril, ata o próximo 6 de maio, a Alameda de Santiago acollerá unha nova edición da Feira do Libro, xa a número 37. Este ano, a Feira leva por lema "Ler sen fronteiras", e na súa programación figuran numerosas actividades para o público infantil. En parte delas terá protagonismo María Victoria Moreno, a autora á que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas.

FESTAS

Compostela celebra a Ascensión cun amplo programa para todos os públicos e todos os petos

27/04/2018

A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentou esta mañá en rolda de prensa o programa das Festas da Ascensión 2018, que se celebrarán do mércores 9 ao domingo 13 de maio. Delaporte, Iván Ferreiro e Caxade son só algúns dos nomes destacados dun amplo programa de actividades para todos os públicos que se espalla por numerosos espazos da cidade e cuxo orzamento chegou este ano aos 230.000 euros.

ALCALDÍA

Aberta a inscrición para participar na ruta "As pegadas de Rosalía"

27/04/2018

O sábado 5 de maio celebrarase a primeira das rutas do proxecto As pegadas de Rosalía destinada á veciñanza de Compostela. A actividade xorde tras a adhesión de Santiago en marzo a esta iniciativa, da que tamén forman parte os concellos de Padrón, Ames e Brión.

DEPORTE

Preto de 200 ximnastas daranse cita en Compostela no Campionato Galego de Ximnasia Acrobática

26/04/2018

O polideportivo de Santa Isabel acollerá este sábado o Campionato Galego de Ximnasia Acrobática, organizado polo Club Ximnasia Rítmica Compostela. O evento foi presentado esta mañá pola concelleira de Deporte, Noa Morales, acompañada da directora técnica do Club Deportivo Ximnasia Rítmica Compostela, María Cañabate, e da coordinadora da escola de ximnasia acrobática, Belén Ferreiro.

Compartir: