MEDIO AMBIENTE E CONVIVENCIA
Preto de 150 locais do Ensanche súmanse á campaña de recollida selectiva de envases lixeiros na hostalería
Preto de 150 establecementos de hostalería do Ensanche veñen de sumarse ao proxecto para a mellora da recollida selectiva de envases lixeiros no sector HORECA, impulsado pola Concellaría de Medio Ambiente e Convivencia en colaboración con Ecoembes e coa Xunta de Galicia. Os locais empezarán a recibir nos vindeiros días os contedores de pequeno tamaño que utilizarán para separar os seus residuos.
CONSORCIO
O 12 de abril remata o prazo para solicitar as axudas para o pintado das fachadas dos edificios da cidade histórica
O Consorcio de Santiago ten en marcha unha nova convocatoria do programa Ter é manter, dirixido ao mantemento e mellora da eficiencia enerxética da envolvente exterior dos edificios da cidade histórica de Santiago, por un importe global de 150.000 euros. Esta subvención abrangue as fachadas exteriores ou patios interiores, cubertas, canlóns e baixantes, carpinterías e galerías de madeira, portas de entrada aos edificios e reixerías dos inmobles situados no ámbito do Plan Especial de Protección e...
BENESTAR ANIMAL
A nova directora do Refuxio fíxase o reto de "converter Bando nun centro de referencia en Galicia"
O Refuxio de Animais de Bando inicia unha nova etapa coa incorporación da súa nova directora. Olalla García foi designada para o posto polo acordo unánime da Fundación Refuxio de Animais, na que están representados os diferentes grupos políticos da Corporación municipal e asociacións ecoloxistas e animalistas. A concelleira de Benestar Animal, Noa Morales, acompañouna hoxe na súa presentación ante os medios de comunicación.
TURISMO
Turismo de Santiago estrea unha axenda on line cos congresos e eventos que se celebran na cidade
A concelleira de Turismo, Marta Lois, e a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, presentaron a nova axenda de congresos e eventos que se celebran na cidade, que se pode consultar na páxina www.santiagoturismo.com. A ferramenta responde así a unha demanda tradicional do sector, que reclamaba coñecer coa maior antelación posible as datas de celebración de eventos e congresos na cidade para así poder adaptar a súa oferta.
CONSORCIO
O Consorcio remata a obra de limpeza e restauración do balcón do claustro do convento do Carme
A Oficina Técnica do Consorcio de Santiago acaba de rematar a obra de limpeza e restauración do balcón do claustro do Convento do Carme, situado na rúa de Santa Clara. A esta intervención destinouse un importe global de 44.019,88 euros.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobado o inicio do procedemento de liquidación do contrato con Setex Aparqui
A Xunta de Goberno aprobou este venres o inicio do procedemento para a liquidación do contrato con Setex Aparqui para a xestión dos servizos de ORA e do guindastre, contrato declarado nulo por sentenza xudicial no ano 2015. O Executivo compostelán entende que a empresa ten que indemnizar ao Concello por danos e perdas, e tamén que os bens, equipos e servizos e instalacións adscritos á concesión reverten no Concello.
XUNTA DE GOBERNO
Adxudícase o contrato de subministro da Administración Electrónica
O Concello de Santiago vai destinar máis de 1,5 millóns de euros ao subministro e mantemento da Administración Electrónica. A Xunta de Goberno adxudicou hoxe o contrato á empresa T-SYSTEMS. O concelleiro de Medio Ambiente, Convivencia e Informática, Xan Duro, explicou que este é "o proxecto de mellora e modernización da Administración municipal máis relevante da historia recente do Concello de Santiago".
CONVIVENCIA
A Policía Local realizou máis de 1.700 controis do uso do cinto e dos SRI, con só un 0,06% de infraccións
A Policía Local realizou durante a semana pasada controis do uso do cinto de seguridade e dos sistemas de retención infantil (SRI), no marco dunha nova campaña de vixilancia da Dirección Xeral de Tráfico (DXT). En total, inspeccionáronse 1.735 vehículos, cunha porcentaxe de infraccións de só o 0,06%, o que constata que unha utilización maioritaria correcta do cinto en todos os pasaxeiros do vehículo.
CENTROS CÍVICOS
Exposición pictórica de Raquel Currás Art no Centro Sociocultural de Conxo
Hoxe xoves, ás 20:00 horas, inaugúrase a exposición Humanidades, de Raquel Currás Art no Centro Sociocultural de Conxo. A mostra estará aberta ata o 14 de abril.
MOBILIDADE
A folga do transporte provoca a caída de usuarios nos autobuses en 2017
A folga do sector do transporte de viaxeiros convocada en xuño de 2017 provocou unha caída no número de usuarios dos autobuses urbanos no ano pasado. O exercicio pechouse con algo máis de sete millóns de viaxeiros, cunha baixada do 1,52% con respecto a 2016.