ALCALDÍA

O alcalde reclama solucións ao conflito da xustiza

27/02/2018

O alcalde recibiu esta mañá aos representantes do comité de folga do sector da xustiza, para expresar a súa solidariedade coas súas demandas e reclamar solucións "a un conflito que lle está a afectar ao día a día da veciñanza de Compostela". En Santiago estanse a suspender entre 30 e 40 xuízos diarios dende que se iniciou o paro indefinido dos funcionarios xudiciais, o pasado 7 de febreiro.

ALCALDÍA

Rematada a Escola Infantil do Castiñeiriño, que empezará a funcionar no próximo curso

26/02/2018

A nova Escola Infantil do Castiñeiro está xa rematada e dotada de equipamento para a súa apertura no próximo curso. O centro foi posible grazas á colaboración entre o Concello, que cedeu os terreos, a Fundación Amancio Ortega, que achegou o financiamento, e o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, que xestionará o servizo.

Compartir: