LINGUA

O proxecto Youtubeir@s volverá inzar a rede de vídeos en galego

30/11/2017

O Proxecto Youtubeir@s, organizado polos servizos de normalización lingüística de nove concellos, polas tres universidades e pola Deputación da Coruña, lanza a súa segunda edición coa vontade de promover e de lle dar visibilidade ao uso do galego a través da rede social de vídeos máis grande do mercado global: Youtube. A iniciativa pretende fomentar así a creatividade con temas propios e xerar referentes en galego dun novo axente con gran repercusión social dende o mundo dixital como son os/as...

TURISMO E ACCIÓN CULTURAL

O Mercado da Estrela enriquece a súa 6ª edición con actividades os días 15, 16 e 17 de decembro

30/11/2017

As concelleiras de Turismo, Marta Lois, e de Acción Cultural, Branca Novoneyra, xunto as directoras do Mercado da Estrela, Mónica Mejías e Elena Sánchez, presentaron no Pazo de Raxoi a sexta edición desta iniciativa, que se celebrará os días 15, 16 e 17 de decembro coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela. O Mercado da Estrela, polo que en 2016 pasaron 10.000 persoas, chega a esta sexta edición convertido nun festival urbano de inverno gratuíto para visibilizar o talento das persoas creadoras, artistas,...

CONVIVENCIA

O Concello reclama a creación dunha comisión de seguimento sobre a Canteira de Miramontes

30/11/2017

O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, compareceu hoxe en rolda de prensa para reclamar a creación dunha comisión de seguimento sobre a canteira de Miramontes, da que formen parte a Xunta, o Concello, a veciñanza e a empresa explotadora das instalacións. A maiores, o edil adiantou que o alcalde ten solicitada unha reunión coa conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, para abordar a problemática ambiental do complexo "ante a falta de respostas por parte da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental...

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

O Goberno local reitera o seu compromiso cunha educación inclusiva e de calidade

30/11/2017

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, deu lectura ao Manifesto do Día Internacional da Cidade Educadora. Santiago de Compostela, como cidade participante na Asociación Internacional de Cidades Educadoras, sumouse así a esta xornada na que se reivindica un papel máis activo das cidades no dereito á educación para todas as persoas. Asistiron ao acto representantes da Corporación municipal, directores e directoras de centros educativos do municipio e un grupo de alumnos e alumnas.

ACCIÓN CULTURAL

Cineuropa'31: 22 días, 264 filmes e 24.469 asistentes

30/11/2017

Coas proxeccións de Les fantônmes d’Ismaël, de Arnaud Desplechin, no Teatro Principal; Lucky, de John Carroll Lynch, no Salón Teatro; e Cazadores de utopías, de David Blaustein, nos Multicines Compostela, chegou a fin da trixésimo primeira edición do festival Cineuropa.

ACCIÓN CULTURAL

O filme "L'insulte" gaña a 31ª edición de Cineuropa

29/11/2017

Nunha axustada disputa con Lucky, de John Carroll Lynch, e Visages Villages, de Agnes Varda e JR, a película gañadora desta 31ª edición de Cineuropa foi finalmente L'insulte, valorada polo público do festival cun 8,56. O filme de Ziad Doueiri obtivo este ano o Premio ao Mellor Actor no Festival de Venecia 2017 pola formidable interpretación de Kamel el Basha, e o Premio do Público do American Film Institute.

CONVIVENCIA

Bombeiros e Protección Civil regulan nun convenio a coordinación operativa en casos de emerxencias

29/11/2017

O concelleiro de Convivencia, Xan Duro, xunto coa responsable de Protección Civil, Begoña del Río, e o xefe dos Bombeiros, Xesús Martínez, presentou o convenio subscrito entre dous corpos para regular a actuación operativa en caso de emerxencias nas que é necesaria a presenza dos mesmos. Na rolda de prensa tamén se deu conta dun novo curso de acceso a Protección Civil para voluntarios.

MEDIO AMBIENTE E INFORMÁTICA

O Concello de Santiago, pioneiro na captación de fondos europeos destinados ao fomento da compra pública innovadora

29/11/2017

O Concello de Santiago vai ser o primeiro do Estado en asinar un convenio co Ministerio de Economía para a captación de fondos europeos FEDER destinados ao fomento da compra pública innovadora, no período 2014-2020. A firma deste acordo, que foi aprobada por unanimidade polo Pleno da Corporación municipal, permitirá desenvolver o proxecto Smartiago, no que o Goberno local leva traballando dende comezos do mandato.

Compartir: