DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
A Cidade da Cultura acollerá a terceira "Galicia Maker Faire" en novembro
O convenio asinado entre a Fundación Cidade da Cultura e a Concellaría de Desenvolvemento Económico renova o compromiso entre o Concello de Santiago e a Xunta de Galicia na promoción da Cidade da Cultura como un espazo de creación empresarial no ámbito das industrias creativas. No acto se sinatura e na posterior rolda de prensa para presentar a Galicia Maker Faire participaron a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois; a directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel...
POLÍTICAS SOCIAIS
O Concello e a Asociación de Persoas Xordas de Compostela celebran os 40 anos da entidade
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, presentou esta mañá, acompañada do presidente da Asociación de Persoas Xordas de Compostela, José A. Pais, os actos que a entidade levará a cabo co gallo do seu 40º aniversario, que se celebra este vindeiro sábado 3 de xuño.
ALCALDÍA
Máis dunha trintena de postos e ducias de actividades paralelas na primeira edición da SELIC
O alcalde presentou hoxe a lista de participantes e o calendario de actividades na SELIC, a Semana do Libro de Compostela, que se celebrará na praza da Quintana do 2 ao 11 de xuño. Martiño Noriega estivo acompañado por dous representantes da Mesa do Libro, David Cortizo, de Urco Editora, e Loaira Martínez, da Libraría Ciranda.
CONSORCIO
O Consorcio saca a concurso as obras de mellora da eficiencia enerxética das fachadas do patio oeste do Pazo de Raxoi
O Consorcio de Santiago está a traballar na fachada oeste do Pazo de Raxoi para mellorar a súa eficiencia enerxética. A primeira fase, xa iniciada, céntrase no exterior. E agora o organismo interadministrativo acaba de sacar a concurso as obras de mellora das fachadas interiores por un importe global de 339.959,97 euros. As empresas interesadas teñen de prazo ata o 22 de xuño para presentar as súas propostas.
CONSORCIO
Abe Rábade pecha a temporada da Real Filharmonía de Galicia este xoves coa estrea da súa obra "Tempos velados"
A Real Filharmonía de Galicia pon esta semana o broche final á súa tempada de abono con dous concertos. O primeiro será mañá xoves na súa sede, o Auditorio de Galicia, ás 20:30 horas, con todas as entradas esgotadas. E o venres, ás 18:30 horas, parte do concerto de abono repetirase para o público máis novo e para as familias, tamén no Auditorio, dentro do ciclo Descubre unha orquestra para ti, a túa!, que busca achegar a RFG e a música clásica a novos públicos. Neste caso...
ALCALDÍA
O alcalde sumouse ao maratón de lectura dedicado a Manuel Antonio
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participou este mércores no tradicional maratón de lectura organizado pola Fundación Granell. Nesta ocasión, léronse obras de Manuel Antonio.
ALCALDÍA
O alcalde manifesta o seu malestar coa Delegación do Goberno polos operativos policiais realizados este martes na cidade
O alcalde expresou hoxe o seu malestar coa Delegación do Goberno en Galicia "por non ter sido informado en ningún momento do día de onte dos operativos policiais despregados na cidade" e que remataron con enfrentamentos na zona histórica.
ALCALDÍA
Recepción a unha delegación do Goberno de Guinea-Bissau
Integrantes da Corporación recibiron en Raxoi o ministro de Administración Territorial de Guinea-Bissau, Sola Naquilin. A concelleira Concha Fernández foi a encargada de dar a benvida a Santiago á delegación guineana, que está en Galicia para coñecer diversas iniciativas de desenvolvemento local.
ACCIÓN CULTURAL
Xaquín López, novo xerente do Auditorio de Galicia
O Consello Reitor do Auditorio de Galicia pechou esta mañá o proceso de selección do novo director-xerente do Auditorio de Galicia, coa designación para o posto de Xaquín López González.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
A Concellaría de Educación colabora co proxecto didáctico "Las Sinsombrero"
O Concello de Santiago é unha institucións que colabora coa Fundación Cultura de Paz na posta en marcha do proxecto Las Sinsombrero, que recuperará a figura das poetas da Xeración do 27 con motivo do seu 90 aniversario. Esta iniciativa didáctica permitirá traballar nas aulas, a través da música, pola igualdade e contra a violencia de xénero.