XUNTA DE GOBERNO
Iniciado o proceso para que a administración electrónica chegue ao Concello de Santiago
A Xunta de Goberno acordou hoxe iniciar o procedemento para a adquisición dunha solución de administración electrónica para o Concello de Santiago, na que se vai investir 1.860.000 euros. Os concelleiros Xan Duro e María Rozas deron conta dos detalles desta licitación, que ten como obxectivo lograr "unha modernización global da xestión municipal, baseada na eficacia, a eficiencia, a calidade, a innovación e a transparencia".
XUNTA DE GOBERNO
Bota a andar a EDUSI, a Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado
A Xunta de Goberno deu hoxe un novo paso de cara á posta en marcha das accións incluídas na EDUSI, a Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado. Foi coa aprobación do Manual de Procedementos para as operacións financiadas polos fondos FEDER, días despois de que a documentación presentada polo Concello de Santiago fora validada polo Ministerio de Facenda.
FACENDA
Remata o prazo para presentar propostas aos orzamentos participativos Compostela Decide
Hoxe venres ás 23:59 a plataforma decide.santiagodecompostela.gal pechará a fase de achegas de ideas para os orzamentos participativos Compostela Decide. Ata esa hora, calquera persoa con 16 anos cumpridos pode facer propostas de investimentos e de actividades aos orzamentos participativos (non é preciso estar empadroada ou empadroado para propoñer).
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
O Concello inicia o proceso de licitación dos comedores escolares
A Xunta de Goberno aprobou esta mañá o inicio da licitación do servizo de comedores e madrugadores para os vindeiros dous cursos escolares.
TURISMO
Turismo de Santiago crea visitas guiadas por monicreques para descubrir a Compostela de Valle-Inclán
Monicreques e diversos tipos de bonecos exercerán de guías turísticos nunha actividade dirixida a todos os públicos e moi especialmente ás familias. As visitas partirán da Alameda e percorrerán a Praza do Toural, Rúa Nova, Igrexa de Salomé, Teatro Principal, Praza de Mazarelos e Praza de Praterías.
MOBILIDADE
O sábado entra en vigor o horario de verán no transporte urbano
Como cada ano, o próximo 1 de xullo entrarán en vigor os horarios de verán no servizo do transporte urbano.
ALCALDÍA
O alcalde e o concelleiro de Medio Ambiente coñecen a horta ecolóxica da escola infantil de San Roque
O alcalde, Martiño Noriega, e o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, visitaron hoxe a Escola Infantil de San Roque, invitados pola directora e as profesoras para coñecer a súa horta ecolóxica.
CIDADES PATRIMONIO
O Grupo de Cidades Patrimonio e Fundación ONCE asinan un convenio para promover a inclusión social de persoas con discapacidade
O obxectivo é desenvolver un programa de accesibilidade universal ao patrimonio cultural que estas cidades atesouran. Así mesmo, impulsarase a contratación de persoas con discapacidade e valorarase a accesibilidade na concesión de axudas e subvencións.
IGUALDADE
O Concello conmemora o Día Internacional do Orgullo LGTBI
A Praza do Obradoiro acolleu esta mañá un acto en conmemoración do orgullo LGTBI, que se celebra cada 28 de xuño. No acto estiveron o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, varios concelleiros e concelleiras de todos os grupos políticos e membros dos colectivos Amizando, Ultreia e Arelas.
ALCALDÍA
Reivindicación unánime para que Santiago conte cun xulgado especializado en cláusulas solo
O alcalde recibiu hoxe o novo decano do Colexio de Avogados de Santiago, Francisco Rabuñal, que estivo acompañado polo seu antecesor no cargo, Evaristo Nogueira. Na xuntanza tamén participaron os voceiros de PP, Agustín Hernández, PSOE, Paco Reyes, e BNG, Rubén Cela.