EMPREGO
Inícianse as actividades do Centro BTT da Susana
O Centro BTT A Susana - Marrozos comezará as súas actividades a partir deste venres, 1 de setembro. Este centro está ubicado na antiga escola unitaria A Susana-Marrozos, logo de ser acondicionado polo alumnado do Obradoiro de Emprego Ecorural Santiago 2016-2017.
BENESTAR ANIMAL
O Concello sinaliza as colonias felinas e dótaas de casetas para a alimentación
A concelleira de Benestar Animal, Noa Morales, deu a coñecer este xoves as accións que porá en marcha o Concello dentro da segunda fase do plan de xestión das colonias felinas que se iniciou o ano pasado. Trátase da sinalización destas colonias e da dotación de casetas nas que as persoas voluntarias lle poden subministrar os alimentos precisos aos gatos rueiros.
ACCIÓN CULTURAL
Curtocircuíto reinvéntase co seu programa paralelo máis completo: "Arredor do son"
Arredor do son é un conxunto de encontros interdisciplinarios que dialogan en torno ao concepto de son como forma de expresión e vía de coñecemento, organizado con apoio de Agadic Galicia ProFilme. O edificio Obra Social Abanca, situado na praza de Cervantes, aglutinará grande parte das actividades, consolidándose como unha nova sede do festival compostelán Curtocircuíto.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
As obras de mantemento nos colexios estarán rematadas para o comezo do curso escolar
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, visitou esta mañá os CEIPs Fontiñas e Pío XII, dous dos colexios da cidade nos que se executaron obras de mantemento durante as vacacións de verán. En total, estanse a investir preto de 400.000 euros nos trece CEIPs, tres escolas unitarias e seis escolas infantís de Compostela. O edil explicou que todas as actuacións que afectan ao funcionamento dos centros estarán rematadas o 11 de setembro, día de inicio do novo curso escolar.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Ábrese a quenda de setembro do Programa de Conciliación de Verán
O Programa Municipal de Conciliación Escolas de Verán 2017 inicia a nova quenda o día 1 de setembro. Nos CEIPs Raíña Fabiola e As Fontiñas haberá diversas actividades para os nenos e nenas os días 1, 4, 5, 6, 7 e 8 de setembro.
SAÚDE
Concha Fernández recibe dous ciclistas tras realizar o Camiño para concienciar sobre o Alzheimer
A concelleira de Políticas Sociais e Saúde, Concha Fernández, recibiu os xornalistas Antonio Ortín e Alejandro Hurtado, que finalizaron o Camiño de Santiago en bicicleta, co obxectivo de concienciar sobre o Alzheimer. Os dous recolleron datos para un libro sobre esta doenza que sairá no Nadal.
MANTEMENTO E OBRAS
O Goberno local inviste un millón de euros na mellora da rede viaria da zona rural
O concelleiro de Medio Rural, Mantemento e Obras para o Equilibrio Territorial deu conta hoxe do estado no que se atopan as obras que se veñen executando nas parroquias de Santiago ao longo deste verán, e que se supoñen un investimento dun millón de euros. Desa cifra, 800.000 euros corresponden a actuacións vinculadas ao POS 2016, financiado pola Deputación da Coruña, e 200.000 a actuacións menores do gran contrato de mantemento. Rafael Peña explicou que este investimento "está permitindo acondicionar máis de 25...
MEDIO AMBIENTE E CONVIVENCIA
O Concello facilitará aloxamento á familia afectada pola inundación na rúa do Olvido ata que poida volver á súa casa
O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia fixo balance das incidencias rexistradas na cidade durante o episodio treboento de onte, que cualificou de "absolutamente inusual en Compostela". Xan Duro explicou que os problemas máis graves detectáronse no Polígono do Tambre e nunha vivenda da rúa do Olvido, mentres que os considerados "puntos negros" da cidade en caso de fortes chuvias "soportaron bastante ben o temporal".
ALCALDÍA
O alcalde asistiu á manifestación polos atentados de Cataluña
O alcalde participou en Barcelona na manifestación contra o terrorismo convocada en repulsa polos atentados da semana pasada na capital catalá e en Cambrils. Martiño Noriega asinou no libro de condolencias no consistorio barcelonés e tomou parte na marcha que partiu da Diagonal para rematar na praza de Cataluña.
TURISMO
As Cidades Patrimonio continúan en Frankfurt a súa promoción turística no mercado alemán
O Grupo Cidades Patrimonio participou este fin de semana na feira Museumsuferfest (Festa da Ribeira dos Museos) de Frankfurt. Trátase dunha das festas culturais ao aire libre máis grandes de Europa, cunha afluencia duns 2,6 millóns de visitantes.