XUNTA DE GOBERNO

Continúan as obras de mellora de pavimentación nas parroquias do rural

29/09/2017

A Xunta de Goberno aprobou este venres o expediente das obras de mellora e rehabilitación de pavimentos nos viarios das parroquias de Sabugueira, Figueiras e Marrozos, e o inicio do procedemento para a súa adxudicación. Nestes traballos vanse investir algo máis de 200.000 euros.

ALCALDÍA

Recepción a un grupo de peregrinos/as de Feafes

29/09/2017

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, xunto coa concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, e a concelleira do grupo popular Pepa Castro, recibiron un grupo de peregrinos/as da Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidades Mentais de Galicia (Feafes). Chegaron este venres á capital de Galicia tras facer o Camiño dende Salceda (Pontevedra).

LINGUA

O Apego recibe un dos Premios da Cultura Galega

29/09/2017

O proxecto Apego vén de ser galardoado cun dos Premios da Cultura Galega, concretamente na modalidade de lingua, polo fomento que fai do galego entre os cativos e cativas.

POLÍTICAS SOCIAIS

Compostela celebrará o Día Mundial da Visión cun coloquio e un ciclo de obradoiros fotográficos

29/09/2017

A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, e a presidenta da Asociación Tiresias de Galicia, Lourdes Díaz, presentaron as actividades que se van desenvolver en Santiago co gallo do Día Mundial da Visión, que se celebra o 12 de outubro. As principais accións serán os talleres de fotografía Cores Marcianas, dirixidos fundamentalmente a persoas con dificultades visuais.

MEDIO AMBIENTE

As obras de mellora do firme da Alameda non inclúen asfalto nin cemento

29/09/2017

As obras de remodelación do pavimento que se están a executar na Alameda non inclúen a utilización de asfalto ou cemento, tal e como se ben recollendo erradamente nalgúns medios de comunicación. O material utilizado, co visto bo da Comisión Asesora da Cidade Histórica, denomínase Aripaq.

ALCALDÍA

O alcalde participa este luns na inauguración do Festival "Remover Roma con Santiago"

29/09/2017

O alcalde, Martiño Noriega, participará o próximo luns en Roma na inauguración do festival Remover Roma con Santiago, un evento organizado con motivo do XXX Aniversario dos Itinerarios Culturais do Consello de Europa. O programa está organizado pola Oficina Cultural da Embaixada de España en Italia e conta coa colaboración de numerosas institucións tanto españolas como italianas.

IGUALDADE

Compostela acolle este fin de semana o Festival Rosalía

28/09/2017

O Concello de Santiago colabora coa Deputación da Coruña, a Asociación de Escritores en Lingua Galega e a Fundación Rosalía de Castro na organización do Festival Rosalía. Este evento celebrarase os días venres 29 e sábado 30 de setembro, conmemorando o centenario da escultura de Rosalía na Alameda compostelá.

Compartir: