CONSORCIO

O Consorcio realiza visitas guiadas pola exposición que conmemora os seus 25 anos de traballo no patrimonio histórico e cultural da cidade

31/10/2017

Baixo o título Consorcio de Santiago, Cultura e Patrimonio. 25 anos do Consorcio na cidade, o organismo promove unha exposición que repasa a súa traxectoria. A mostra ten dúas sedes, a Casa do Cabido (na praza das Praterías), onde se reúne o labor cultural da entidade; e a Fundación Torrente Ballester, que concentra as súas actuacións no patrimonio histórico.

TURISMO

Santiago(é)tapas permitirá degustar máis de 100 tapas en 70 locais da cidade

31/10/2017

O cociñeiro Jorge Gago, do restaurante A Maceta, preparou en directo na praza Roxa a tapa gañadora do Premio do xurado da edición de Santiago(e)tapas 2016, "Xurelo San Simón". Con esta acción na rúa, no que participou a concelleira de Turismo, Marta Lois, anunciouse o comezo da décima edición do concurso de tapas de Santiago, que terá lugar do 2 ao 19 de novembro.

IGUALDADE

Doce entidades contarán con axudas municipais para as súas actividades de fomento da igualdade entre homes e mulleres

30/10/2017

A concelleira de Igualdade, Marta Lois, deu conta da resolución aprobada o venres pasado pola Xunta de Goberno na que se concedían as subvencións a entidades que realizasen actividades a favor da igualdade entre homes e mulleres, e de prevención e loita contra a violencia machista. En total son 12 as asociacións as que acceden ás axudas nesta oitava convocatoria, que aumentou a partida orzamentaria por segundo ano consecutivo, pasando dos 20.000 aos 27.000 euros.

Compartir: