EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Publicadas as listaxes definitivas de admitidos/as e excluídos/as nas escolas infantís municipais
A Concellaría de Educación e Cidadanía publicou as listaxes definitivas de nenos e nenas admitidos/as, excluídos/as e fóra de prazo nas escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños.
FESTAS
A gran festa do Teatro Principal e o concerto de Novedades Carminha, propostas destacadas deste sábado na Ascensión
As festas da Ascensión alcanzan a súa penúltima xornada, na que destaca a gran festa que se celebrará no Teatro Principal ao longo de todo o día, con propostas diversas para público familiar. Ademais, Novedades Carminha volve a tocar na súa cidade noutro dos grandes concertos da praza da Quintana.
ALCALDÍA
Segovia acollerá o sábado 8 de xuño a última Asemblea de Alcaldes e Alcaldesas da lexislatura 2015-2019
A Asemblea Xeral do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, máximo órgano de goberno da entidade, terá lugar en Segovia o próximo sábado 8 de xuño. Á reunión, que se celebrará ás 10:00 horas no Alcázar de Segovia, asistirán os alcaldes e alcaldesas das 15 cidades integrantes desta entidade sen ánimo de lucro e declarada de Utilidade Pública que reúne as cidades españolas cuxos cascos históricos foron inscritos na Lista do Patrimonio Mundial da UNESCO.
XUNTA DE GOBERNO
Adxudicado o servizo de mantemento do Castelo da Rocha Forte
A Xunta de Goberno adxudicou hoxe o servizo de mantemento do castelo da Rocha Forte, cun orzamento de case 55.000 euros. Os traballos afectaranlle ao espazo do castelo actualmente pechado por un valo metálico, e tamén ás áreas exteriores inmediatas.
CONVIVENCIA
A Policía Local realizará controis de alcoholemia e de drogas na condución durante a vindeira semana
Dende este luns 3 e ata o vindeiro domingo 9 de xuño, a Policía Local de Santiago súmase á campaña especial da DXT de control da taxa de alcohol e presencia de drogas en condutores. Esta campaña súmase aos controis que periodicamente realiza a Policía Local.
CONSORCIO
Alumnado da Escola de Altos Estudos Musicais ofrece este luns un concerto no Paraninfo da Universidade de Santiago
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) ten en marcha a iniciativa "A Escola na Cidade", un ciclo de concertos de música de cámara interpretados polos alumnos e alumnas do Curso Avanzado de Especialización Orquestral do centro. Como colofón dos seus estudos, os/asmúsicos/as noveis protagonizarán varias actuacións nos vindeiros días, que terán lugar no Paraninfo da Universidade de Santiago, na Facultade de Xeografía e Historia. As entradas destes concertos son gratuítas ata completar aforo.
FESTAS
Batucada, swing e Susana Seivane, propostas musicais destacadas da xornada do venres na Ascensión
A xornada do venres 31 nas festas da Ascensión chega cargada de propostas musicais de variados estilos. Susana Seivane e a Baiuca Live Band protagonizarán o concerto principal na Quintana nun día no que tamén haberá swing, batucada e as actuacións de Zeltia e Najla Shami.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Case 300 escolares participan este domingo no XIV Certame Intercentros "Compostela en Danza"
A Sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia acollerá este domingo 2 de xuño, ás 19:00 horas, a XIV edición do Certame de Danza Intercercentros Compostela en Danza. Un total de 297 escolares de entre 3 e 18 anos, pertencentes a 10 colexios, porán en escena 20 coreografías de moi diversos estilos.
FESTAS
O proxecto "Lorca namorado" e a feira cabalar protagonizan o día grande da Ascensión
Compostela vive este xoves o día grande da Ascensión, que se abrirá coa tradicional feira cabalar no recinto feiral de Amio. A xornada tamén inclúe circo e variadas propostas musicais, entre as que destaca o espectáculo Lorca namorado, ideado e dirixido por Abe Rábade e inspirado nos "Seis poemas galegos" de Federico García Lorca.
FESTAS
Comezan as festas da Ascensión co concerto "Los40 Pop"
A concelleira de Acción Cultural en funcións, Branca Novoneyra, deu hoxe os detalles do concerto que esta noite abrirá as Festas da Ascensión na praza da Quintana. Trátase de "Los40 Pop", unha tradicional cita nestas datas que fará bailar e pasalo en grande a miles de persoas. Na rolda tamén estiveron o director rexional da Cadena SER en Galicia, Mario Moreno, e un dos artistas que actuarán esta noite, o compostelán Roi Méndez.