COMERCIO E MEDIO AMBIENTE

Arrinca o "Barrio Xardín" co obxectivo de desenvolver o potencial comercial da contorna do Parlamento

30/04/2019

O próximo 25 de maio quedará inaugurado o chamado "Barrio Xardín", a zona situada na contorna do Parlamento entre as rúas do Hórreo, avenida de Lugo, Bernardo Barreiro, Curros Enríquez e Neira de Mosquera. O tecido comercial e a veciñanza deste ámbito colaboraron no desenvolvemento dun proxecto que ten como obxectivo dinamizar o comercio da zona, recuperar os espazos públicos e mellorar a convivencia no ámbito. O programa "Barrio Xardín" desenvólvese no marco do programa Con B de...

IGUALDADE

A Concellaría de Igualdade colabora un ano máis no "Verán CampUSC"

30/04/2019

O Concello de Santiago, a través da Concellaría de Igualdade, colabora por cuarto ano consecutivo coa Fundación USC Deportiva e a Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social da USC no programa Verán CampUSC, concibido como unha actividade deportiva, cultural, socioeducativa e de lecer, desenvolvida no período de verán, para rapaces e rapazas de 3 a 13 anos. A preinscrición xa abriu e pecharase o 9 de maio.

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

A Escola Municipal de Música celebrará o seu Festival de Música e Movemento os días 7 e 8 de maio

30/04/2019

Os días 7 e 8 de maio, ás 18:30 horas, o Teatro Principal acollerá o Festival de Música e Movemento que tradicionalmente organiza o Departamento de Música e Movemento da Escola Municipal de Música. O evento ten por finalidade dar a coñecer o traballo desenvolvido ao longo destes meses na Escola e contará coa participación de máis de 185 alumnos e alumnas de idades comprendidas entre os 3 e os 7 anos, acompañados do profesorado da EMM e das súas familias.

CONSORCIO

O clarinetista israelí Yehuda Gilad impartirá clases a músicos/as galegos/as

30/04/2019

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes noveis. No marco deste proxecto, ofrécese a posibilidade de asistir ao longo do ano a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de prestixio internacional. Ademais de alumnos/as da Escola, tamén poden asistir a estas sesións músicos/as externos/as ao centro.

ALCALDÍA

Unha mostra na Alameda divulgará a investigación da Rede Galabra da USC sobre prácticas culturais en Santiago de Compostela

29/04/2019

O paseo da Ferradura acollerá, a partir do próximo venres, a exposición A cidade, o Camiño e nós, organizada pola Rede Galabra da Universidade de Santiago e o Concello compostelán. Trátase da primeira de catro mostras que teñen como obxectivo divulgar os resultados da investigación liderada pola USC, sobre as imaxes, as ideas, os discursos e as prácticas culturais construídas en relación a Compostela e aos Camiños de Santiago.

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Comezaron no Principal as funcións do XXIV Certame de Teatro Intercentros

29/04/2019

Este luns comezaron arrincaron as representacións do XXIV Certame de Teatro Intercentros, que se celebra no Teatro Principal entre o 29 de abril e o 22 de maio. Máis de 300 escolares de Primaria, Secundaria e Bacharelato participan nesta edición do evento, organizado pola Concellaría de Educación e a Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística.

Compartir: