EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Recepción a alumnado alemán do Instituto Johan-Philipp-Reis-Schule
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, recibiu en Raxoi o alumnado do Instituto Johan-Philipp-Reis-Schule, de Weinheim, Alemaña, de intercambio co IES Pontepedriña.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
O Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes acolle durante o mes de marzo un ciclo de concertos de música tradicional
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, deu conta hoxe dun novo programa que porá en marcha o seu departamento no Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes. Trátase dun ciclo de concertos de música tradicional que terán lugar no mes de marzo a cargo dos músicos Rosa Sánchez e Pablo Carpintero.
PERSOAL
O Concello de Santiago convoca 18 novas prazas de Policía Local
A edila de Economía e Facenda, María Rozas, deu conta hoxe dos detalles da nova convocatoria de persoal que pon en marcha o Concello de Santiago pola que convoca 18 novas prazas de Policía Local. Tal e como explicou Rozas, "trátase de dar resposta á posibilidade de xubilación anticipada para os policías locais aprobada no BOE o 15 de decembro".
ALCALDÍA E EMPREGO
Unha finca municipal do Tambre e a antiga escola de Amio, acondicionadas en cadanseu obradoiro
O alcalde e a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo visitaron hoxe dúas das actuacións que se están a desenvolver no marco de cadanseu obradoiro de emprego dual. Martiño Noriega e Marta Lois achegáronse á parcela municipal do polígono do Tambre que está a ser acondicionada polo alumnado do programa CREAS, e posteriormente coñeceron a antiga escola unitaria de Amio, que está a ser rehabilitada como centro BTT dentro do obradoiro HabiliTS.
POLÍTICAS SOCIAIS
Constituído o Consello de Cooperación e Solidariedade
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, presidiu a constitución do Consello Municipal de Cooperación e Solidariedade. Nesta primeira xuntanza deuse conta da situación das políticas municipais nesta materia e avanzouse o plan de traballo para 2019.
MEDIO AMBIENTE
Avanza o proxecto da depuradora da Silvouta coa autorización da sinatura do convenio de colaboración por parte de ACUAES
O Consello de Administración de ACUAES vén de autorizar a sinatura do convenio de colaboración co Concello de Santiago para o financiamento do procedemento de diálogo competitivo preciso para determinar o proxecto da depuradora da Silvouta.
ACCIÓN CULTURAL
Desfiles de disfraces e Xenerais da Ulla para celebrar o Entroido
A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, deu conta hoxe da programación do Entroido, nun acto celebrado no Teatro Principal no que tamén se desvelou o aspecto que terá este ano o Meco. Na presentación participou tamén o creador da figura, José Manuel Méndez, e deuse a coñecer o cartel das festas, deseñado polo artista Marcos Vigo.
ESPAZOS CIDADÁNS
Clara Campoamor terá tres carrís e regulará o acceso á estación de autobuses mediante semáforos
O viario Clara Campoamor terá finalmente tres carrís, un en cada sentido de circulación e un central que terá un dobre uso: carril de incorporación e saída dos autobuses no ámbito da futura estación, e carril adicional de circulación nos accesos ás rotondas do Restollal e de Sar. A regulación dos accesos e saídas á estación farase mediante semáforos, como recomendan os informes técnicos, e o viario terá carril bici nas dúas marxes.
IGUALDADE E EMPREGO
Aurélie Salvaire e outras tres mulleres achegarán a súa experiencia no encontro "Mulleres mudando a balanza"
A concelleira de Igualdade, Marta Lois, presentou hoxe o encontro "Mulleres mudando a balanza", encontro con empresarias e emprendedoras profesionais galegas, que contará coa presenza da activista e experta en xénero Aurélie Salvaire. Será o vindeiro mércores 6 de marzo, a partir das 19:00 horas, no Auditorio Abanca. A entrada é de balde ata completar aforo.
ALCALDÍA
O alcalde asiste á inauguración da nova tenda de xardín de Leroy Merlin, que supón a creación de 46 postos de traballo
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asistiu hoxe á inauguración dun novo punto de venDa especializado en xardín de Leroy Merlin, que abrirá ao público mañá xoves no polígono de Costa Vella. Na inauguración estiveron, ademais do rexedor, o director rexional Noroeste, José Ramón Abad; o director da nova tenda, Julio Rodríguez, e os traballadores e traballadoras.