ALCALDÍA

O Auditorio de Galicia estrea novas butacas na sala Ángel Brage

31/01/2019

Trinta anos despois da súa apertura, no ano 1989, o Auditorio de Galicia renovou as butacas da sala Ángel Brage. Esta noite estrearanse nun concerto da Real Filharmonía de Galicia a partir das 20:30 h. Antes do concerto, o alcalde e presidente do Consello Reitor do Auditorio, Martiño Noriega, visitou a sala acompañado do director-xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López; e membros do Consello Reitor: Goretti Sanmartín (BNG), María José Castro (PP) e Gonzalo Muíños (PSOE).

ALCALDÍA

Fairway presenta a súa edición máis internacional

30/01/2019

Empresas e institucións de quince países de catro continentes participarán na terceira edición de Fairway, a máis internacional das celebradas ata agora. Así se puxo de manifesto na presentación do evento, que se celebrará do 10 ao 12 de febreiro no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago. Está previsto que neses dous días se celebren máis de 16.000 reunións de traballo.

ALCALDÍA E EDUCACIÓN

Os centros escolares celebran o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia

30/01/2019

O Auditorio Abanca acolleu esta mañá o acto central polo Día da Paz e a Non Violencia, no que participaron preto de 400 alumnos e alumnas dos centros escolares de Compostela. Trátase dunha data que se vén conmemorando dende 1964 para lembrar a morte de Gandhi e que a UNESCO recoñeceu como Día Escolar da Non Violencia e a Paz en 1993. Nesta data lémbrase a necesidade de educar na tolerancia, o respecto e a solidariedade.

PERSOAL

O Goberno local aproba a subida salarial do 2,25% ao persoal municipal

30/01/2019

O Concello de Santiago vén de aprobar a suba salarial do 2,25% para os traballadores e traballadoras públicas, que será efectiva coa nómina do mes de xaneiro. Este incremento está previsto no Real Decreto 24/2018, de 21 de decembro polo que se aproban medidas urxentes en materia de retribucións no ámbito do sector público.

ACCIÓN CULTURAL

Voadora estrea no Principal "Hemos venido a darlo todo"

30/01/2019

Continuando coa programación de artes escénicas 2019, a compañía Voadora estrea no Teatro Principal de Hemos venido a darlo todo. Dirixida por Marta Pazos e con dramaturxia de Fernando Epelde, esta representación é o manifesto, o manual e o pacto coa experiencia escénica de Voadora, dende o brillo de todos os seus elementos: o movemento, a música e as imaxes. Haberá funcións o xoves 31 (estrea), o venres 1 e o sábado 2, ás 20:30 horas.

ESPAZOS CIDADÁNS

A protección da paisaxe, clave no Plan Especial Director do Camiño Francés remitido á Xunta para a súa avaliación ambiental

29/01/2019

O Concello vén de remitir á Xunta de Galicia, para a súa avaliación ambiental, o Plan Especial Director do Camiño Francés, elaborado en colaboración co Consorcio de Santiago. O documento "supón un salto cara adiante na maneira de mirar o planeamento, centrándose na súa compoñente paisaxística que é unha parte fundamental do Camiño de Santiago e do seu recoñecemento como Patrimonio da Humanidade". Explicábao o concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda...

ALCALDÍA

A banda californiana Eels actuará por primeira vez en Galicia o vindeiro 8 de setembro no Auditorio

29/01/2019

Eels regresarán en vivo a España en 2019, e Santiago de Compostela será unha das dúas únicas cidades do Estado, xunto con Barcelona, nas que se poderá ver a banda californiana liderada polo excéntrico Mark Oliver Everett. A cita é o 8 de setembro no Auditorio de Galicia. As entradas para este concerto, que será o primeiro de Eels en Galicia, poranse á venda a partir das 10:00 horas do xoves 31 de xaneiro en Ataquilla.com, a un prezo de 24 € + gastos.

Compartir: