XUNTA DE GOBERNO
O Goberno destinará case 350.000 euros ao arranxo da cuberta do pavillón municipal Quiroga Palacios
A Xunta de Goberno aprobou este venres o proxecto de reparación da cuberta do pavillón municipal Quiroga Palacios, unha actuación na que se van investir case 350.000 euros. O alcalde recordou que "nestas instalacións véñense rexistrando incidencias de maneira reincidente, relacionadas sobre todo coas filtracións de auga". Martiño Noriega apuntou que "estas obras son especialmente necesarias porque a cuberta do pavillón funciona tamén como patio de recreo do CEIP, que vén de celebrar o seu 50...
ALCALDÍA
O alcalde recibiu a Anna Ferrer, presidenta da Fundación Vicente Ferrer
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu a presidenta da Fundación Vicente Ferrer, Anna Ferrer. A cooperante está a visitar varias cidades españolas para manter encontros con colaboradores e explicar o traballo da súa ONG.
SAÚDE
Actividades de concienciación, charlas e un gran mural para conmemorar o Día Mundial da Sida
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidades, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, presentou hoxe, acompañada de Jorge Carballido, técnico da UMAD, as actividades organizadas polo Concello para concienciar sobre o VIH co gallo do Día Mundial da Sida.
MOBILIDADE
Balance positivo dos primeiros meses da municipalización da ORA
O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade fixo hoxe balance da xestión directa da ORA e do guindastre por parte da empresa municipal Tussa, cando teñen pasado cinco meses dende a municipalización do servizo. Jorge Duarte mostrou a súa satisfacción porque "este período de adaptación ten transcorrido sen incidencias maiores e sen que a calidade do servizo se vira diminuída, salvo nos primeiros días de transición, no mes de xuño". Adiantou tamén que o Goberno...
DEPORTE
O barrio de San Pedro acolle a última proba puntuable do circuíto CorreSan con máis de 800 participantes
Todo listo para a última carreira do VII Circuíto de Carreiras Saudables CorreSan, que chega por primeira vez, ao barrio de San Pedro. Trátase dunha proba circular, con saída e chegada na rúa de San Pedro e cunha lonxitude total para a proba absoluta de 4,7 quilómetros, aproximadamente 2,350 por volta, e dun quilómetro para a categoría escolar 1 e de dous quilómetros para escolares 2.
POLÍTICAS SOCIAIS
Aprobada a resolución da convocatoria de bolsas de comedor, adquisición de materiais e actividades extraescolares
A Xunta de Goberno aprobou, en sesión extraordinaria, a resolución da convocatoria de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e actividades extraescolares.
NADAL
Abertos a partir do sábado o Belén tradicional de San Fiz e o Mercado de Nadal
Un ano máis, a igrexa de San Fiz de Solovio acollerá o tradicional Belén nestas datas, composto por máis de 200 figuras de barro e lenzo pintado -todas feitas a man- e que inclúe diferentes escenas, pezas en movemento, río con auga corrente e iluminación. Todo iso recreado en ciclos de catro minutos, nos que se simula o paso do día á noite grazas a cambios de iluminación e movemento de diversas pezas.
MEDIO AMBIENTE
A Fundación Biodiversidade divulga o "Descarboniza! Que non é pouco..." como iniciativa de adaptación ao cambio climático
A Fundación Biodiversidade vén de poñer en marcha unha campaña de divulgación das accións incorporadas ao proxecto europeo Life Shara, entre as que se atopa o programa Descarboniza! Que non é pouco.... Esta iniciativa, impulsada pola Concellaría de Medio Ambiente e Convivencia en colaboración co Grupo de Investigación SEPA da USC, ten recibido unha subvención de 44.000 euros da Fundación, dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica.
POLÍTICAS SOCIAIS
Compostela presentou a folla de ruta do seu Plan Integral de Atención ás Persoas sen Fogar
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, presentaron esta mañá a xornada Abordaxe do Senfogarismo en Compostela: Estado da situación e plans de acción, que se celebra hoxe na Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela, e que está organizada conxuntamente pola Concellaría de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde e a Mesa de Traballo para o estudo da Situación das persoas sen teito-transeúntes e dos recursos en Santiago de...
ACCIÓN CULTURAL
A cineasta catalá Meritxell Colell, protagonista do encontro "A cor das palabras"
O ciclo A cor das palabras. Encontros con cineastas, organizado polo Concello de Santiago en colaboración co cinema Numax contará cunha convidada moi especial. A cineasta catalá Meritxell Colell Aparicio, autora de Con el viento, manterá un encontro co público da sala o sábado 1 de decembro, ás 11:30 horas, baixo o título "A emoción real na ficción. Do persoal ao colectivo". A actividade ten entrada gratuíta, podéndose reservar localidade no correo.../em>