ACCIÓN CULTURAL
Comeza a II Semana do Libro de Compostela
Do venres 1 ao domingo 10 de xuño, a praza da Quintana acollerá unha nova edición da Semana do Libro de Compostela, cunha trintena de postos para a exposición das novidades e fondos das librarías e editoriais galegas e múltiples actividades complementarias para todos os públicos. A carpa da SELIC 2018 abrirá ás 17:00 horas para recibir os primeiros visitantes, que axiña poderán participar no brinde rosaliano oficiado polos Quinquilláns no Espazo Efémero, o lugar destinado para a...
DEPORTE
Recepción ao equipo de quidditch Lumos Compostela
A concelleira de Deporte, Noa Morales recibiu o equipo de quidditch Lumos Compostela, que vén de proclamarse campión da Copa de Galicia e de España, e Top 16 a nivel europeo. No acto tamén participou a concelleira popular María Corral.
MEDIO AMBIENTE
A Tropa Verde celebra o Día Mundial do Medio Ambiente
O 5 de xuño conmemórase o Día Mundial do Medio Ambiente, que este ano xira ao redor do tema "Sen contaminación por plástico". A Tropa Verde vaise sumar á celebración cun concurso que pretende concienciar á cidadanía sobre as alternativas no uso do plástico.
MOCIDADE
Aberta ata o 6 de xuño a inscrición para participar na segunda edición do programa "Elas tamén pintan"
Chega unha nova edición da actividade Elas tamén pintan, ao abeiro dos Orzamentos Participativos de Mocidade. Trátase dunha acción que busca dar visibilidade e recoñecemento ás mulleres que traballan na arte urbana e no contexto do graffiti, un territorio que continúa sendo fundamentalmente masculino.
MOBILIDADE
Tussa asumirá a xestión da ORA e o guindastre o 15 de xuño, cunha nova aplicación para o pago dende o móbil
A empresa municipal Tussa asumirá a xestión directa dos servizos da ORA e do guindastre o día 15 de xuño, e así lle foi xa comunicado á empresa Setex. Ese día entrará en funcionamento unha nova aplicación para o pago do estacionamento dende o teléfono móbil, Moviltik, que substituirá á actual E-park. Por este motivo, recoméndase a todos os usuarios e usuarias que esgoten o saldo que teñan dispoñible nas vindeiras dúas semanas.
ALCALDÍA
María Rozas recibiu a embaixadora de Irlanda, Síle Maguire
A primeira tenente de alcalde, María Rozas, recibiu a embaixadora de Irlanda, Síle Maguire.
TURISMO
Compostela e A Coruña presentan no Comité de Rutas a súa proposta para mellorar a conectividade dos aeroportos galegos
O aeroporto Rosalía de Castro – Santiago de Compostela – Lavacolla acolleu esta mañá a xuntanza do Comité de Coordinación Aeroportuaria de Galicia (CDRA), na que participou a concelleira de Igualdade, Promoción Económica e Turismo, Marta Lois.
ACCIÓN CULTURAL
A Mostra Internacional de Cinema Etnográfico celebra a súa 13ª edición do 4 ao 10 de xuño no Museo do Pobo
A 13ª MICE do Museo do Pobo, que dará comezo o próximo luns 4 de xuño, reuniu esta mañá na súa presentación a Branca Novoneyra, concelleira de Acción Cultural; Jacobo Sutil, director da Agadic; Goretti Sanmartín, vicepresidenta e responsable da Área de Cultura da Deputación da Coruña; Concha Losada, vicepresidenta do Padroado do Museo do Pobo, e Ana Estévez Lavandeira, directora da 13ª MICE.
CONSORCIO
A Real Filharmonía será a encargada de inaugurar o XLVI Ciclo de Grandes Autores e Intérpretes da Música, que promove a Universidade Autónoma de Madrid
A Real Filharmonía de Galicia inaugurará a tempada 2018-2019 do XLVI Ciclo de Grandes Autores e Intérpretes da Música, promovido polo Centro Superior de Investigación e Promoción da Música da Universidade Autónoma de Madrid. O concerto terá lugar o día 26 do próximo mes de outubro, no Auditorio Nacional de Música de Madrid.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Ábrese este venres o prazo de matrícula nos servizos de comedor e de madrugadores
Do 1 ao 20 de xuño de 2018 (ambos os dous incluídos) estará aberto o prazo para a solicitude de reserva de praza e matrícula nos servizos de comedor e/ou de madrugadores para o curso 2018-2019 en calquera dos seguintes centros de educación infantil e primaria públicos de Compostela: Apóstolo Santiago, Cardeal Quiroga Palacios, As Fontiñas, Roxos, Vite, Mestre Rodríguez Xixirei, Monte dos Postes, Raíña Fabiola, Ramón Cabanillas e, no caso do CEIP Arquitecto Casas Novoa, só no servizo de madrugadores.