DEPORTE

A VII edición do "CorreSan" incluirá unha proba polo barrio de San Pedro

31/07/2018

A concelleira de Deporte, Noa Morales, presentou esta mañá a sétima edición do Circuíto de Carreiras Saudables CorreSan, que nesta ocasión inclúe catro probas que se estenderán dende o 15 de setembro ata o 1 de decembro. Na rolda estivo acompañada polo presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos; o delegado da Federación en Santiago, Iván Sanmartín, e o santiagués e vencedor absoluto da edición 2017, Amador Pena Torreira.

ALCALDÍA

O alcalde reunirase este venres co secretario de Estado de Medio Ambiente para tratar o proxecto da nova EDAR

30/07/2018

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, reuniranse este venres co secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, para tratar de desbloquear o proxecto da nova depuradora de Santiago. Así llo trasladou esta mañá o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, na xuntanza que mantiveron no Pazo de Raxoi.

FESTAS

O flamenco fusión de Rosalía e os fogos fin de festa despiden o Apóstolo

30/07/2018

As festas do Apóstolo finalizan cun dos pratos fortes dos festexos. Chega á praza da Quintana a cantante catalá Rosalía, que presentará ao público compostelán as cancións do que será o seu novo álbum, El mal querer, co que está a revolucionar as redes. Os convites, que se podían recoller de balde no Teatro Principal, levan xa unha semana esgotados.

ALCALDÍA

O Feito a Man regresa con case 70 espectáculos do 1 ao 26 de agosto

30/07/2018

Sesenta e sete espectáculos e 57 bandas e/ou artistas volverán encher as rúas e prazas da Cidade Vella compostelá. Esta semana dá comezo a décimo quinta edición do Feito a Man, o festival de rúa organizado pola Asociación Cultural Cidade Vella, que terá lugar do 1 ao 26 de agosto.

CONSORCIO

Aberto ata o 28 de agosto o prazo para solicitar as axudas para a mellora dos locais comerciais da cidade histórica de Compostela

30/07/2018

O Consorcio de Santiago destinará este ano un total de 148.000 euros á rehabilitación dos locais comerciais da cidade histórica a través do seu Programa Localízate. As solicitudes e a documentación poderán presentarse no rexistro do Consorcio, situado no número 59 da rúa do Vilar, ou en calquera outro rexistro. O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 28 de agosto.

ALCALDÍA

O alcalde visitou os centros singulares de investigación da USC no Campus Vida

30/07/2018

A rede de centros singulares de investigación da USC no Campus Vida recibiu este luns a visita do alcalde, Martiño Noriega Sánchez, a quen acompañou o reitor Antonio López. Ademais, no encontro participaron o vicerreitor de Investigación e Innovación, Vicente Pérez Muñuzuri, e o concelleiro de Medio Ambiente, Convivencia e Informática, Xan Duro. A visita comezou no Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información (CiTIUS) e incluíu un percorrido polos laboratorios de Química...

FESTAS

Wolfmother encherá de hard rock a Quintana

29/07/2018

As festas do Apóstolo van chegando ao seu remate, pero aínda teñen reservados algúns pratos fortes da programación. Mañá luns, a praza da Quintana será territorio de hard rock da man dos australianos Wolfmother.

FESTAS

Rubén Blades, as Xornadas de Folclore e a "Feira na eira!" nunha intensa fin de semana do Apóstolo

27/07/2018

A que está a piques de comezar vai ser unha intensa fin de semana en Compostela, cunha chea de actividades na programación do Apóstolo. As Xornadas de Folclore e a Real Filharmonía de Galicia, o sábado, e o agardado concerto de Rubén Baldes, o domingo, son os pratos fortes da axenda dos vindeiros días, que tamén inclúe unha cita para os nenos e as nenas: a Feira na Eira! de Galeras.

Compartir: