IGUALDADE
Alumnado do IES Antón Fraguas participa nunha actividade de sensibilización sobre o control exercido a través das rede sociais
A concelleira de Igualdade, Noa Díaz, asistiu no IES Antón Fraguas, en Fontiñas, á actividade de sensibilización e prevención da violencia de xénero dirixida á mocidade programada polo Departamento en varios institutos no marco da campaña do 8M.
ALCALDÍA
Recepción ao embaixador de Cuba en España, Gustavo Machín
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu o embaixador de Cuba en España, Gustavo Machín.
ACCIÓN CULTURAL
Xa á venda as entradas para as galas do Festival Atlántica
Os interesados en asistir á Gala Inaugural ou de Clausura do Festival Atlántica 2020 xa poden adquirir as súas entradas a un prezo de 12 e 10 euros, respectivamente, na web da ABANCA (entradas.abanca.com), e tamén na billeteira do Teatro Principal de martes a sábado de 18:00 a 21:00 horas e o mesmo día da función.
ALCALDÍA
O alcalde destaca que a aprobación este luns do orzamento permitirá licitar en breve servizos como o de Axuda no Fogar
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, valorou a importancia de aprobar inicialmente os orzamentos municipais, tal como esta previsto que suceda no pleno extraordinario convocado para este luns ás 10:30 horas. "Isto permitiranos sacar adiante, a través do procedemento anticipado de gastos, compromisos importantes para o Concello", dixo.
ACCIÓN CULTURAL E CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia viaxará a vindeira semana a Austria, onde ofrecerá catro concertos nas cidades de Salzburgo e Bregenz
A Real Filharmonía de Galicia vai realizar a vindeira semana unha xira de catro concertos por Austria. Actuará, con dous programas diferentes centrados no repertorio orquestral español, nas salas Grosses Festspielhaus de Salzburgo e na Festspielhaus de Bregenz.
IGUALDADE
"Artellando feminismo" concentra máis de quince accións ao redor do 8M, Día Internacional das Mulleres
Concertos, poesía, conferencias, cine e conversas centran as accións encamiñadas a reivindicar e festexar o Día Internacional das Mulleres, pero sobre todo a concienciar contra a violencia machista dende as idades máis temperás. Todas as actividades programadas son de balde e poden consultarse na web artellandofeminismo.gal. Ademais, dende o Concello anímase á cidadanía a "sumarse aos numerosos actos e reivindicacións que haberá ao longo do propio...
IGUALDADE
Minuto de silencio polas últimas vítimas mortais da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio para condenar os últimos asasinatos machistas, acontecidos este mércores en Aznalcóllar (Sevilla) e Fuenlabrada (Madrid).
CONSORCIO
Pablo González dirixe a Real Filharmonía de Galicia no seu concerto desta semana
A Real Filharmonía de Galicia ofrece o seu concerto semanal de abono este venres, 28 de febreiro, no Auditorio de Galicia, ás 20:30 horas. A batuta levaraa o mestre Pablo González, director titular da Orquesta Sinfónica de RTVE. É o primeiro dos catro concertos que a RFG interpretará entre o 4 e o 7 de marzo nas cidades austríacas de Salzburgo e Bregenz.
PLENO
O Pleno aproba unha moción en apoio das reivindicacións do movemento feminista con motivo do 8M
O Pleno da Corporación, na súa sesión ordinaria de febreiro, aprobou unha moción conxunta presentada por PSdeG-PSOE, Compostela Aberta e BNG con motivo da celebración do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres. A sesión abriuse unha vez máis cun minuto de silencio polas últimas vítimas da violencia machista.
TURISMO
Aberto o prazo de inscrición na Festa Gastronómica das Uñas
Xa está aberto o prazo de inscrición para que os establecementos hostaleiros interesados poidan participar na Festa Gastronómica das Uñas. A Asociación Hostalaría Compostela organiza este evento, que promove Turismo de Santiago co obxectivo de poñer en valor este prato tradicional non só nos locais do barrio compostelán de San Lázaro, senón de todo o concello.