DEPORTES

O XII Trofeo Cidade de Santiago reúne máis de 250 judokas durante esta fin de semana no Restollal

31/01/2020

Máis de 500 persoas, entre deportistas, técnicos/as, colexiados/as e delegados/as estarán esta fin de semana no pavillón do Restollal para participar no XII Trofeo de Judo Cidade de Santiago, organizado polas federacións Galega e Española de Judo co patrocinio do Concello de Santiago. O torneo incluirá a VI Copa de España Infantil e o Campionato de Galicia Júnior, ademais dunha serie de actividades paralelas. Os detalles das competicións foron presentados en rolda de prensa pola concelleira de Deportes, Esther...

MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ

A Policía Local fará controis no transporte escolar entre o 3 e o 7 de febreiro

31/01/2020

A Dirección Xeral de Tráfico pon en marcha unha nova campaña de control do transporte escolar. No marco da mesma, a Policía Local realizará inspeccións entre o 3 e o 7 de febreiro, e o seu obxectivo é revisar que se cumpran os requisitos obrigatorios relativos ao transporte de menores en idade escolar, como o uso do cinto de seguridade, o acompañamento dunha persoa adulta autorizada ou a documentación actualizada do vehículo.

CONSORCIO

A Real Filharmonía participa no Concurso Internacional de Piano de Xaén xunto ao pianista Javier Perianes

30/01/2020

A Real Filharmonía de Galicia vai participar, xunto ao aclamado pianista Javier Perianes, no 62º Concurso Internacional de Piano de Xaén. Serán dous concertos homenaxe a Beethoven, coincidindo co 250º aniversario do seu nacemento, mañá venres 31 de xaneiro e o sábado (ambos ás 20:30 horas), baixo a batuta do mestre Manuel Hernández-Silva. Este certame, promovido pola Deputación de Xaén, é un dos máis prestixiosos a nivel mundial desta modalidade musical. A RFG inicia así o ano cunha xira...

PLENO

A Corporación aproba un crédito extraordinario para a execución das obras da rúa dos Concheiros

30/01/2020

O Pleno municipal, na sesión ordinaria de xaneiro celebrada este xoves, aprobou a modificación de crédito pola que se habilita un crédito extraordinario de 800.000 euros, destinado a atender os compromisos de execución da obra da rúa dos Concheiros. A Corporación tamén deu o visto bo á adhesión do Concello ás asociacións de concellos do Camiño da Ría de Muros-Noia e de Fisterra e Muxía.

EDUCACIÓN

As escolas infantís municipais celebraron o Día Escolar pola Paz

30/01/2020

Este 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia. As escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños quixeron sumarse a esta conmemoración desta xornada cunha serie de actividades, continuadoras do traballo que en torno a esta temática se realiza nestes centros ao longo do curso.

PLENO

O Concello promoverá diversas accións para conmemorar os aniversarios dos nacementos de Rosalía de Castro e Isaac Díaz Pardo

30/01/2020

Os catro grupos municipais aprobaron por unanimidade dúas declaracións institucionais mediante as que o Concello asume o compromiso de promover diversas actividades para celebrar as datas conmemorativas do nacemento de Rosalía de Castro (24 de febreiro) e de Isaac Díaz Pardo (22 de agosto). As declaracións xurdiron a raíz de dúas mocións presentadas polo BNG.

Compartir: