ACCIÓN CULTURAL
Lupe Gómez, gañadora da II edición dos Premios SELIC con "Os caracois de Belvís"
Lupe Gómez foi a gañadora dos II Premios SELIC de creación literaria na modalidade de poesía, pola súa obra Os caracois de Belvís. As categorías de teatro e narrativa quedaron desertas.
FESTAS
Todo listo para o fin de ano no Obradoiro, coa música de Colectivo Panamera e David Van Bylen
Xa está todo listo para despedir o ano 2019 e dar a benvida ao 2020 dende a praza do Obradoiro. Alí, Colectivo Panamera e David Van Bylen amenizarán musicalmente unha velada na que non faltarán as badaladas, as uvas, o cotillón e os fogos artificiais. Antes, a San Silvestre despedirá deportivamente o ano.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobadas novas axudas para as ARI de Vite, Vista Alegre e Pontepedriña
A Xunta de Goberno Local celebrada este luns aprobou inicialmente novas axudas correspondentes a diversas fases das áreas de rehabilitación integral (ARI) dos barrios de Vite, Vista Alegre e Pontepedriña. Tamén se deu o visto bo aos prezos públicos das actividades regulares de xaneiro a xuño de 2020 da rede de centros socioculturais.
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia celebra o seu tradicional concerto da noite de Reis, baixo a batuta do director Geoffrey Styles
A Real Filharmonía de Galicia celebra, como cada ano, o seu tradicional concerto da noite de Reis. A cita será o vindeiro domingo, 5 de xaneiro, ás 21:30 horas, no Auditorio de Galicia. A batuta levaraa o mestre Geoffrey Styles, quen xa estivo á fronte da orquestra en ocasións anteriores.
ALCALDÍA
Recepción en Raxoi ao delegado rexio con motivo da Ofrenda de Translación
O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, e boa parte da Corporación asistiron aos actos con motivo da Ofrenda de Translación dos restos do Apóstolo Santiago, na que este ano oficiou como delegado rexio o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices.
SEGURIDADE CIDADÁ
A Policía Local de Santiago desenvolveu neste mes de decembro o programa "Maiores máis seguros"
O Departamento de Educación Viaria da Policía Local, en colaboración coa Casa das Asociación de Cornes, desenvolveu ao longo deste mes de decembro o programa "Maiores máis seguros", dirixido nesta ocasión ás persoas de máis de 65 anos que residen no rural.
POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS
O Auditorio de Galicia acolle mañá a Festa do Apego
Mañá, 28 de decembro, o Auditorio de Galicia acolle a terceira edición da Festa do Apego. Especialmente dirixida a menores de 0 a 6 anos, inclúe actividades continuadas e simultáneas e propostas relacionadas co xogo, a creatividade manual, a danza e o movemento, a literatura, a música, as artes escénicas e o audiovisual. A entrada é libre e de balde ata completar a capacidade en cada espazo.
EDUCACIÓN
Xogos e risas no Programa municipal de conciliación de Nadal
A concelleira de Educación, Noa Díaz, visitou esta mañá os nenos e nenas que están a participar nas actividades do Programa Municipal de Conciliación de Nadal. Durante os días 23, 24, 26, 27, 30 e 31 de decembro de 2019 e o 2, 3 e 7 de xaneiro de 2020 os máis pequenos da casa poden desfrutar no CEIP Monte dos Postes dunha chea xogos e actividades.
DEPORTES
As I Xornadas ARTIO sobre deporte reúnen ao mellor do deporte galego
A concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, presentou esta mañá en rolda de prensa estas xornadas, nas que deportistas como Vero Boquete e Borja Golán, entre outros, exporán durante cinco minutos cada un as súas experiencias, vivencias e coñecemento sobre valores, deporte, e saúde. Na rolda estivo acompañada por Antón Ruanova, triatleta internacional e parte de Artio; e Amador Pena, adestrador, masaxista e campión galego de Trail.
XUNTA DE GOBERNO LOCAL
O Concello valorará a semana que vén se recorre ante o Supremo a sentenza da Audiencia Provincial de Madrid sobre as estatuas de Abraham e Isaac
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, púxose en contacto co xefe da Asesoría Xurídica, Manuel Cutrín, e co seu antecesor no cargo, Xaquín Monteagudo, que é quen está levando a representación do Concello neste caso, para que presenten un informe a vindeira semana.