POLÍTICAS SOCIAIS

Compostela sumarase o 3 de decembro á celebración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade

29/11/2019

A concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, presentou esta mañá a acción "Baixo o mesmo paraugas. Galicia pola diversidade", que se celebrará o 3 decembro, ás 12:00 horas, na praza do Obradoiro, con motivo da celebración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Acompañárona na rolda de prensa representantes das entidades implicadas nesta iniciativa: Down Compostela, Sarela (Asociación de Dano Cerebral de Compostela), Acem (Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple),...

FESTAS

Un Nadal diverso, participativo e cheo de propostas lúdicas

29/11/2019

O concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, presentou un avance da programación do Nadal 2019. Será un calendario cheo de actividades para todos os públicos e que arrincará co acto de acendido do alumeado de Nadal o xoves 5 de decembro ás 19:00 horas.

TURISMO

Recta final do XII Santiago(é)Tapas e do I Santiago(é)Cóctel

29/11/2019

O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, e a presidenta da Asociación Hostalaría Compostela, Sara Santos, visitaron este venres o restaurante ACDC, na rúa do Franco, para facer un balance do XII Santiago(é)Tapas e do I Santiago(é)Cóctel, así como para animar a participar nos últimos días destes concursos e na final do certame de tapas prevista para os días 6, 7 e 8 de decembro.

ALCALDÍA

Xuntanza coa directiva da Cociña Económica

28/11/2019

O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Políticas Sociais e Saúde, Mila Castro, reuníronse hoxe coa directiva da Cociña Económica. Entre os asuntos tratados figurou a renovación do actual convenio de colaboración; e a composición da Xunta Directiva da entidade, na que se integraría un representante do Concello, neste caso Mila Castro.

INNOVACIÓN

A concelleira de Urbanismo explica o proxecto Smartiago no II Foro Iberoamericano de Compra Pública de Innovación

28/11/2019

A concelleira de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica, explicou, no II Foro Iberoamericano de Compra Pública de Innovación e Innovación Aberta, que se celebra ata hoxe na cidade colombiana de Medellín, o proxecto Smartiago. Esta iniciativa, que suma sustentabilidade e innovación, conta con tres liñas estratéxicas: xestión de residuos sólidos urbanos e limpeza viaria, mobilidade e alumeado ornamental.

Compartir: