ALCALDÍA
O alcalde reuniuse coa conselleira de Educación
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, mantivo esta mañá unha xuntanza coa conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, na sede do organismo autonómico.
ACCIÓN CULTURAL
O Feito a Man regresa do 1 ao 21 de agosto con case 50 propostas artísticas
Case 50 espectáculos e máis de 35 bandas e/ou artistas volverán encher as rúas e prazas da Cidade Vella compostelá. Comeza mañá a décimo sexta edición do Feito a Man Estrella Galicia, o festival de rúa organizado pola Asociación Cultural Cidade Vella co apoio do Concello de Santiago, que terá lugar do 1 ao 21 de agosto.
POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS
Noa Díaz visitou os nenos e nenas que participan no Territorio Xogantín
A concelleira de Educación, Mocidade, Igualdade e Políticas Lingüísticas, Noa Díaz, visitou os nenos e nenas que participaron este mércores no programa A rúa é nosa! Territorio Xogantín, que se desenvolve durante as mañás dende o pasado luns e ata o 30 de agosto. A praza do 8 de Marzo é de novo o punto de encontro desta actividade, que promove o uso da lingua galega entre os/as máis novos/as vinculándoa ao espazo de xogo.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio para condenar o último asasinato machista, acontecido o pasado luns en Escalante (Cantabria).
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Os nenos e nenas dos campamentos do rural realizaron actividades de sensibilización sobre a igualdade no Obradoiro
O concelleiro de Centros Socioculturais, José Javier Fernández visitou este martes os nenos e nenas participantes nas actividades de verán dos centros socioculturais do rural, que realizaron unha saída á cidade na que visitaron o Obradoiro. Na praza realizaron diversos xogos e actividades de sensibilización sobre a igualdade, implicando á cidadanía que ata alí se achegaba.
CONSORCIO
O Consorcio concede 27 axudas para a rehabilitación dos elementos especiais de madeira e reixas en inmobles da cidade histórica
O Consorcio de Santiago acaba de resolver a convocatoria de axudas dirixidas á rehabilitación de carpinterías de madeira e reixas dos inmobles situados no ámbito do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica. Con esta iniciativa búscase mellorar a eficiencia enerxética das vivendas, co consecuente aforro económico para os cidadáns, xunto co seu illamento acústico.
ALCALDÍA
Santiago e Padrón, fieis á súa cita de irmandade nas festas do Apóstolo
As festas do Apóstolo celebraron este martes o tradicional Día de Padrón en Santiago, no que as dúas vilas reforzan os seus fortes lazos de irmandade. Así sucede tamén, á inversa, na Pascua padronesa.
FESTAS
As festas do Apóstolo chegan ao seu fin cos Fogos e co concerto de bandas galegas na praza da Quintana
As festas do Apóstolo chegan ao seu final e fano cos tradicionais Fogos fin de festa e con varias propostas musicais, entre as que destaca o concerto de bandas galegas na praza da Quintana, coa Banda Crebinsky, Fredi Leis e Holywater.
ALCALDÍA
O alumnado do obradoiro CREAS ultima o acondicionamento dunha parcela municipal no polígono do Tambre
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, realizou este martes unha visita ao alumnado do obradoiro de emprego CREAS, e coñeceu a evolución dos traballos de urbanización e mellora medioambiental no polígono do Tambre que están realizando.
MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
A Policía Local localiza o condutor que presuntamente se deu á fuga o pasado domingo tras un atropelo na avenida de Castelao
A Policía Local de Santiago conseguiu localizar o condutor que presuntamente na tarde do pasado domingo se dera á fuga tras atropelar a unha persoa nun paso de peóns na avenida de Castelao.