ALCALDÍA
O Concello estudará a forma de revitalizar o campo de fútbol das Brañas de Sar
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse este venres co presidente da Agrupación Folclórica Colexiata de Sar, Rafael Sexto, e co seu fundador e párroco de Sar, José Porto. Foi unha xuntanza para repasar as necesidades da parroquia e buscar fórmulas que permitan dinamizar esta parroquia, que xunta ámbitos de diversos barrios da cidade. Na reunión tamén participaron os concelleiros Mercedes Rosón e Gonzalo Muíños.
ACCIÓN CULTURAL
A IV edición do Festival herDanza leva de novo o baile contemporáneo a espazos singulares
O Festival herDanza alcanza a súa cuarta edición do 2 ao 7 de setembro. O evento reforza nesta nova entrega os seus obxectivos de promoción e difusión da danza da contemporánea, de fomentar o encontró entre profesionais do sector e de dar visibilidade aos creadores e creadoras de Galicia. E todo isto en espazos singulares da cidade, non habituais para os espectáculos de danza.
UMAD
"Soledad, a Poppins de Sar", un novo mural de gran formato en Romero Donallo
Estes días, o artista Joseba Murazábal está a rematar un mural de gran formato na fachada lateral dun edificio da avenida de Romero Donallo. O seu título, "Soledad, a Poppins de Sar", lembrando a unha muller de Compostela, xa falecida, á que o artista coñeceu grazas aos textos da súa neta, a escritora María von Touceda.
ALCALDÍA
O alcalde compromete a participación activa do Concello na Asociación de Municipios do Camiño
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse coa Secretaría Técnica da Asociación de Municipios do Camiño de Santiago, encabezada polo seu xerente, Víctor López. Foi unha xuntanza de presentación da entidade e das súas accións en marcha ao rexedor compostelán, tras os cambios de goberno nas últimas eleccións municipais.
ALCALDÍA
Compostela aspira a albergar unha proba de orientación do circuíto Euro City Race en abril de 2020
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse este mércores coa presidenta da Asociación Correr e Pensar, Rosa María Pernas, e outros integrantes da entidade. Esta explicoulle ao rexedor os detalles da Compostela City Race, unha proba de orientación que a entidade pretende organizar en abril de 2020, co apoio do club deportivo da USC e da Federación Galega de Orientación.
ACCIÓN CULTURAL
O espectáculo "Oyun", da compañía El Fedito, pecha este xoves o ciclo de circo na praza da Quintana
A compañía El Fedito, do arxentino Federico Menini, trae a Compostela o seu espectáculo de circo Oyun. Será este xoves, ás 19:30 horas, na Quintana. Este evento, con entrada aberta e para todos os públicos, pecha o ciclo de circo que se desenvolveu na praza durante este verán.
RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
Unha delegación francesa realiza o Camiño de Santiago para sensibilizar á cidadanía sobre as enfermidades da visión
O concelleiro Gonzalo Muíños recibiu na praza do Obradoiro a representantes da asociación francesa IRRP (Information Recherche Rétinite Pigmentaire), que realizou o Camiño de Santiago para concienciar sobre a discapacidade visual. No acto tamén participou o concelleiro popular Alejandro Sánchez-Brunete.
ALCALDÍA
Cedido ao Concello un retrato do ex alcalde republicano Francisco Javier Vázquez Enríquez
O Pazo de Raxoi acolleu esta mañá o acto de formalización da cesión dun retrato de Francisco Javier Vázquez Enríquez, alcalde de Santiago entre novembro de 1934 e febreiro de 1936, realizado por Elvira Santiso. Asinaron o documento de cesión o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a neta do ex rexedor, María Concepción Vázquez de Benito.
XUNTA DE GOBERNO
Adxudicada a oficina técnica do Smartiago
A Xunta de Goberno Local celebrada este luns adxudicou o servizo da oficia técnica do proxecto Smartiago, por un importe de 338.800 euros (IVE incluído). A primeira fase do programa Smartiago conta cun orzamento de case 6,2 millóns de euros, dos que 5 millóns proceden de fondos europeos (o 80% do total), mentres que Concello e Xunta completan os fondos cun 10% do total cada un. A duración desta primeira fase é de catro anos, entre 2017 e 2021.
ALCALDÍA
O alcalde aposta por axustar o mapa escolar para reducir a maior presión de poboación infantil no sur da cidade
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, realizou unha visita ao CEIP Lamas de Abade coa conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar. O organismo autonómico está a executar no centro un novo edificio para 150 alumnas e alumnos.