CENTROS SOCIOCULTURAIS
Os centros socioculturais celebran o Día Mundial da Tradución coa lectura de textos en diferentes linguas
Os clubs de lectura dos centros socioculturais de Santa Marta, Fontiñas e O Ensanche celebran o Día Mundial da Tradución (30 de setembro) coa lectura de textos en distintas linguas da man da tradutora Mercedes Pacheco. As sesións serán os días 1, 2 e 3 de outubro.
ALCALDÍA
O alcalde demanda unha "política aeroportuaria, portuaria e industrial" para atraer investimentos
O Auditorio de Galicia acolleu este luns a xornada de presentación do Manual de Captación de Inversións na Área do Eixo Atlántico. O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participou na apertura da xornada e posteriormente nunha rolda de prensa xunto co presidente do Eixo Atlántico, Alfredo García; co secretario do organismo transfronteirizo, Xoán Vázquez Mao, e co presidente da Cámara Municipal de Viana do Castelo, José Mª Costa.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobada a convocatoria 2019-2020 das residencias de creación artística
A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria deste luns, aprobou o texto da convocatoria de residencias de creación artística e estadías técnicas para proxectos de artes escénicas para o curso 2019-2020, que volverán ter como sede a Sala Agustín Magán, no Centro Sociocultural de Santa Marta.
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia programa "Unha noite de zarzuela", na que repasará grandes obras do xénero
A Real Filharmonía de Galicia ofrece esta semana un concerto baixo o título "Unha noite de zarzuela", no que fará un repaso polas grandes obras do xénero, en colaboración coa Asociación Amigos da Ópera de Santiago de Compostela. Será o xoves, 3 de outubro, no Auditorio de Galicia, a partir das 20:30 horas. A batuta levaraa o mestre xienense Manuel Coves.
MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
A Policía Local realiza unha campaña de control do uso do cinto e dos sistemas de retención infantil
Durante toda esta semana, do 30 de setembro ao 6 de outubro, a Policía Local realizará controis do uso do cinto de seguridade e dos sistemas de retención infantil, no marco dunha nova campaña de vixilancia da Dirección Xeral de Tráfico.
TURISMO
Máis de 1.500 otorrionolaringólogos/as reuniranse dende este xoves en Santiago
Máis de 1.500 otorrionolaringólogos/as reuniranse dende este xoves en Santiago
A Sociedade Española de Otorrinolaringoloxía e Cirurxía de Cabeza e Pescozo ( SEORL-CCC) inicia o próximo xoves 3 de outubro o seu 70 Congreso Nacional en Santiago de Compostela. A cita reunirá máis de 1.500 otorrinolaringólogos procedentes de toda España e diferentes partes do mundo.
ALCALDÍA
"Luzas y Morras, "Chen Li" e "Ubi Sunt", curtas gañadoras do Festival de Cine Rural Carlos Velo
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o deputado provincial de Contratación e Patrimonio, Xosé Luís Penas, clausuraron o FicRural 2019 coa entrega de premios ás cutrametraxes gañadoras do V Festival Internacional de Cine Rural de Galicia Carlos Velo.
DEPORTE
A Festa do Deporte reunirá o vindeiro luns 60 entidades, 56 disciplinas e 1.500 escolares
A Festa do Deporte alcanzará a súa terceira edición este luns 30 de setembro, co día dedicado aos centros escolares. A xornada destinada ao público en xeral, prevista para este domingo, tivo que ser suspendida ante as previsións de choiva.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo participou na xornada "Transición enerxética nas cidades"
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participou no Hotel Hesperia Peregrino na xornada "A transición enerxética nas cidades", organizada pola Asociación Nacional de Produtores de Enerxía Fotovoltaica (Anpier) e a Fundación Renovables, xunto cos rexedores de Lugo, Pontevedra e Ferrol.
ALCALDÍA
Smartiago situará a Compostela na vangarda da innovación municipal
Este venres reuniuse en Raxoi a Oficina Técnica do proxecto Smartiago, que avanzou nos trámites previos a iniciar as consultas de mercado que servirán para definir os pregos que posteriormente permitirán sacar a licitación proxectos innovadores en materia de xestión de residuos, mobilidade sostible ou iluminación intelixente. Este proxecto, co que o Concello captou 6.180.000 € (dos que un 80% serán aportados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional – FEDER), porá a Santiago na vangarda en materia de compra...