MEDIO RURAL
Rematadas as obras do POS nas zonas de Chaián e Grixoa
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Medio Rural, José Manuel Pichel, visitaron esta mañá dúas das obras executadas polo Concello en coordinación coa Deputación da Coruña no marco do plan POS+ en Chaián e Grixoa.
ACCIÓN CULTURAL
A terceira edición do Jazz da Rúa Nova leva a música jazz do casco vello ao rural compostelán
aCentral Folque co apoio da Concellaría de Acción Cultural poñen en marcha esta terceira edición cun feixe de propostas en cooperación con distintos axentes da cidade. O programa foi presentado esta mañá pola concelleira Mercedes Rosón e o director artístico de aCentral Folque, Ramon Pinheiro.
MEDIO AMBIENTE
Santiago de Compostela acolle o colector máis grande do mundo para promover a reciclaxe de vidro no final de La Vuelta 21
Do 31 de agosto ata o 5 de setembro o Campus Sur (na avenida da Coruña con avenida Antonio Raimundo Ibáñez) acolle o icónico colector xigante de Ecovidrio para simbolizar o compromiso da cidadanía coa reciclaxe, concienciar sobre o coidado do medioambiente e trasladar o espírito ecolóxico de La Vuelta 21. O acto de inauguración do colector xigante ao final da Alameda contou coa participación do alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo; da conselleira de Medio Ambiente da Xunta de Galicia,...
OBRAS
Arranca a fase do formigonado nas obras de Concheiros
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, visitou esta tarde as obras de Concheiros, que entran hoxe na fase de formigonado, acompañado polo concelleiro de Obras, Javier Fernández, e pola concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba a apertura do procedemento de adxudicación das obras do muro do Pombal
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, deu conta dos asuntos máis destacados da Xunta de Goberno local, que aprobou o expediente de contratación das obras para o tratamento arquitectónico do muro do Pombal e acordou a apertura do procedemento de adxudicación cun tipo de licitación de preto de 370.000 euros.
ALCALDÍA
A celebración da última etapa de La Vuelta 2021 obrigará a pechar á circulación as rúas do percorrido
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, deu conta en rolda de prensa das alteracións no tráfico que se producirán o vindeiro domingo 5 de setembro por mor da celebración na cidade da última etapa de La Vuelta 2021, unha contrarreloxo que sairá de Padrón e rematará na praza do Obradoiro.
ACCIÓN CULTURAL
A danza e a música para órgano centran os últimos espectáculos do Festival C
O Festival C emprende xa a súa recta final e despide un mes de actividades de teatro e danza, de obradoiros de circo, proxeccións de cinema na rúa, itinerarios e laboratorios de creación sonora, concertos, exposicións, recitais de poesía, conversas, debates e videomappings.
MEDIO RURAL
Visita ás obras realizadas pola Concellería de Medio Rural na rúa do Tambre
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Medio Rural, José Manuel Pichel, visitaron esta mañá a rúa do Tambre, tras o remate das obras de prolongación da beirarrúa na marxe par da devandita vía, que tiveron un orzamento de preto de 257.000 euros.
XUNTA DE GOBERNO
Adxudicadas as obras para a construción duns novos aseos públicos na avenida de Raxoi
En sesión extraordinaria da Xunta de Goberno, o Concello de Santiago adxudicou a obra de construción de aseos públicos na avenida de Raxoi e aprobou o acordo de distribución da subvención obtida no marco do Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan estatal de vivenda 2018-2021.
TURISMO
O INE confirma a recuperación turística de Santiago cun récord de turistas españois
Os establecementos hoteleiros da cidade alcanzaron no pasado mes de xullo o seu máximo histórico de pernoctacións de turistas españois, con 108.273, segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estadística (INE). En ningún mes de xullo precedente se conseguira superar a cifra de 100.000 pernoctacións. O anterior máximo marcouse en xullo Ano Santo 2010, con 94.157 pernoctacións.