FESTAS
Un gran espectáculo pirotécnico, con figuras en tres dimensións, pechou con broche de ouro as Festas do Apóstolo 2021
Un espectáculo de maxia, luz e cor pechou hoxe, con broche de ouro, as Festas do Apóstolo desde Ano Santo 2021. A cidadanía de Compostela puido gozar cuns fogos lanzados desde o Monte Gaiás-Cidade da Cultura, no que destacaron as figuras en tres dimensións, e que se puideron ver desde distintos puntos da cidade.
POLITICAS SOCIAIS
O alcalde asina novos convenios con cinco entidades sociais, por un importe de 37.500 euros
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asinou esta mañá os convenios de colaboración para 2021 coas seguintes entidades sociais: Asociación Fonte da Virxe de Familiares e Amigos dos Enfermos Mentais (3.500 euros); Asociación Banco de Alimentos de Santiago de Compostela (5.000 euros); Fundación Secretariado Xitano (23.000 euros); ALCER, Asociación de Loita Contra as Enfermidades do Ril da Coruña (4.000 euros); e Colexio de Avogados de Santiago de Compostela (2.000 euros). En total, os convenios asinados hoxe suman...
ALCALDÍA
O alcalde destaca os últimos avances en dous proxectos importantes para o futuro da cidade: Peleteiro e o biopolo
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, destacou hoxe en rolda de prensa os últimos avances en "dous temas que van ser importantes para a futuro cidade": o proxecto Peleteiro, do que onte se aprobou en pleno, por maioría absoluta, a Declaración Ambiental Estratéxica, que "inicia a súa tramitación"; e o biopolo, ao anunciar que o luns está previsto aprobar a cesión dos terreos.
PLENO
O pleno aproba o DAE e o borrador da modificación puntual do PXOM no ámbito da zona do Peleteiro
O Pleno do concello de Santiago de Compostela, que comezou cun minuto de silencio polas vítimas da violencia machista, aprobou o "Documento de Avaliación Ambiental e o Borrador da Modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM), no ámbito do PERI-12. Antigo Colexio Manuel Peleteiro"; cos votos a favor de Grupo Socialista, Compostela Aberta e BNG, e o voto en contra do PP.
ACCIÓN CULTURAL
O Festival C espalla a súa programación cultural pola cidade e colma de actividades o mes de agosto
A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López, presentaron esta mañá en rolda de prensa o programa cultural do mes de agosto. A casa do Concello acolleu a presentación da segunda edición do Festival C, que este ano supera o medio cento de espectáculos con funcións de teatro e danza, obradoiros de circo, proxeccións de cinema na rúa, itinerarios e laboratorios de creación sonora, concertos, exposicións, recitais de poesía,...
POLÍTICAS SOCIAIS E IGUALDADE
Máis de 230.000 euros para distintas entidades sociais
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asinou esta mañá os convenios de colaboración para 2021 coas seguintes entidades sociais: FEAFES (60.000 euros), Don Bosco (5.000 euros), ASPANAES (3.000 euros), Fundación Andrea (3.000 euros), Fundación Down Compostela (10.000 euros) e Caritas Diocesana, con quen se asinaron dous convenios, un correspondente á Concellería de Políticas Sociais (120.000 euros) e outro á de Igualdade (30.000 euros). Estiveron presentes no acto as concelleiras Mila Castro e Mercedes...
FESTAS
Santiago e Padrón estreitan os seus lazos un Apóstolo máis
As festas do Apóstolo celebraron este mércores o tradicional Día de Padrón en Santiago, no que as dúas vilas reforzan os seus fortes lazos de irmandade. Así sucede tamén, á inversa, na Pascua padronesa.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Paseos, música e baile, últimas actividade programadas para o mes de xullo no marco do programa Vive o Verán 2021
O programa Vive o Verán 2021, organizado pola rede de centros socioculturais, remata o mes de xullo con paseos, taichi, música e baile. Agosto será un mes de descanso, pero as actividades retornarán de novo en setembro.
CONSORCIO
Un centro loxístico robotizado, que evitará a entrada de vehículos pesados na cidade histórica, unha das prioridades inmediatas da estratexia do Consorcio ata o 2032
O presidente do Consorcio de Santiago e alcalde da cidade, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañado do vicepresidente e conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e da xerente do organismo interadministrativo, Belén Hernández, presentaron esta mañá as principais liñas da "Proposta estratéxica plurianual do Consorcio de Santiago para o período 2021-2027-2032", refrendada o domingo polo Real Padroado, na que tamén se recolle a creación dun Polo de...
TURISMO
Turismo de Santiago atendeu 4.500 consultas na semana do Apóstolo, o maior número semanal dende outubro do 2019
O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, acompañado da xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, fixo unha valoración da evolución da temporada de verán ata o de agora, centrándose en especial nos bos datos das Festas do Apóstolo, e as previsións positivas que se manexan dende Turismo de Santiago cara aos vindeiros meses, que indican que Santiago recibirá en xullo arredor de 25.000 peregrinos, a mellor cifra dende finais da temporada de verán do 2019.