PLENO
O Pleno aproba incialmente a modificación da ordenanza de circulación e uso da vía pública
Na sesión ordinaria do mes de xuño, o Pleno da Corporación deu o visto bo á aprobación inicial da ordenanza de circulación e uso da vía pública, así como unha moción conxunta de condena ao ataque á exposición na alameda sobre as mortes de persoas refuxiadas e migrantes, e en defensa deses mesmos colectivos; e unha declaración institucional que se suma á declaración contra o negacionismo da violencia machista emitida polo Observatorio estatal de violencia sobre a muller.
EDUCACIÓN
'Selva', da catalá Marina Gibert, gaña o XIV Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado
A autora catalá Marina Gibert foi a gañadora do XIV Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado cun proxecto titulado 'Selva', que representa unha metáfora da memoria. 'De papel', dos mexicanos Claudia Novaro Malpica e Armando Fonseca, é o finalista do certame, ao que se presentaron preto de 400 traballos dunha vintena de países. O premio, que está organizado polo Concello de Santiago e KALANDRAKA, ten unha dotación económica de 9.000 euros e leva a publicación da obra nas cinco linguas...
OBRAS
O Concello de Santiago inicia a renovación dos bancos do Campus Sur
Os concelleiros de Urbanismo, Mercedes Rosón, e o de Relacións Institucionais, Sindo Guinarte, xunto ao reitor da USC, Antonio López, asistiron ao inicio da primeira fase de substitución dos bancos do Campus Sur. En total, nesta primeira fase, vanse renovar 12 bancos na zona do estanque, na avenida de Antonio Raimundo Ibáñez.
EDUCACIÓN
En marcha o programa English Summer School
O concelleiro de Educación, Rubén Prol, visitou esta mañá o CEIP Pío XII, con motivo do comezo das actividades do programa de verán English Summer School, no que están inscritos 75 nenos e nenas de primaria.
TURISMO
Turismo de Santiago relanza a DispoApp polo incremento previsto do fluxo turístico
O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, acompañado pola xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, anunciou que neste verán Turismo de Santiago relanzará a DispoApp, unha ferramenta pensada para que os aloxamentos podan informar en tempo real da súa dispoñibilidade de prazas para o mesmo día.
FESTAS
Publicada a convocatoria de subvencións para as festas patronais
O Boletín Oficial da Provincia de hoxe publica a convocatoria de axudas para as festas patronais, co que se poderán solicitar desde mañá e ata o vindeiro 15 de xullo.
ACCIÓN CULTURAL
A primeira xornada do Festival Atlántica trae a Santiago catro espectáculos
Este xoves, 1 de xullo, comeza oficialmente a novena edición do Festival Atlántica, que se prolongará ata o día 11 deste mes e que programa máis de 80 funcións gratuítas en 27 concellos de toda Galicia. No tocante a Santiago, a primeira xornada estará protagonizada por tres espectáculos para nenos e un para adultos, das artistas Eugenia Manzanera, Charo Pita e Marta Ortiz.
MOBILIDADE
O xoves 1 de xullo comeza o horario de verán na rede de transporte público de Santiago de Compostela
Este vindeiro xoves, 1 de xullo, entrarán en vigor os horarios da temporada de verán no transporte urbano.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobados os prazos e o procedemento de admisión e matrícula nos servizos de comedor e de madrugadores nos centros de educación infantil e primaria
O concelleiro de Educación, Rubén Prol, deu conta hoxe da aprobación dos prazos e o procedemento de admisión e matrícula nos servizos de comedor e de madrugadores na Rede de Centros Públicos de Educación Infantil e Primaria do Concello de Santiago de Compostela para o curso 2021-2022. Estivo acompañado pola técnica do departamento, Beatriz Varela; e a representante da empresa encargada da xestión, Patricia Fontaíña.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno local adxudica a Cespa por tres anos o servizo de mantemento e conservación dos espazos verdes
A Xunta de Goberno Local, reunida hoxe, acordou adxudicar o contrato do "Servizo de mantemento, conservación e mellora dos espazos verdes e do arboredo do Concello de Santiago de Compostela", por un periodo de tres anos, á empresa Cespa Compañía Española de Servicios Públicos Auxiliares S.A., por un importe de 11.324.137 euros.