ANO SANTO
O Ano Santo Compostelán de 2021 prolongarase durante todo o 2022, segundo anunciou o Nuncio do Vaticano en España
Ás cinco da tarde quedaba aberta a Porta Santa da Catedral, marcando a apertura do Ano Santo Compostelán, nunha cerimonia solemne na que estivo presente o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, que actuou como Delegado Rexio, e a ministra de Traballo, Yolanda Díaz, entre outras autoridades. Ao remate, Bernardito Cleopas Auza, Nuncio Apostólico en España, anunciou que o Ano Santo 2021 prolongarase durante todo o 2022 por mor da pandemia de covid-19.
ALCALDÍA
Recepción en Raxoi ao delegado rexio con motivo da Ofrenda de Translación
O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, e boa parte da Corporación asistiron aos actos con motivo da Ofrenda de Translación dos restos do Apóstolo Santiago, na que este ano oficiou como delegado rexio o presidente Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.
COMERCIO
A tenda De Cotío álzase co primeiro premio do Concurso de Escaparates de Nadal
O xurado do concurso de escaparatismo de Nadal, reunido telematicamente o luns 21 de decembro, emitou o seu fallo tras valorar os 15 escaparates finalistas. Tamén comprobou o resultado da votación popular realizada a través da páxina en Facebook de Comercio Santiago. O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, visitou esta mañá o escaparate gañador do premio do xurado.
ACCIÓN CULTURAL
A obra "Baleiro", de Gabriel Gómez Estévez, gañadora da terceira edición dos Premios SELIC de creación literaria
A obra "Baleiro", de Gabriel Gómez Estévez, é a gañadora da terceira edición dos Premios SELIC de creación literaria, convocados polo Concello de Santiago. Os dous accesits foron para "O novelo", de Óscar Senra Gómez; e para "Partida salvada", de Fernando Epelde García. A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, deu a coñecer o nome dos premiados, aos que felicitou; e destacou a singularidade deste galardón, que ten como obxectivo incrementar a presenza de Compostela...
EDUCACIÓN
En marcha o Programa municipal de conciliación de Nadal
Este programa estase realizando no CEIP Cardeal Quiroga Palacios entre o 23 de decembro e o 7 de xaneiro, en horario de 9 a 14 horas.
MEDIO AMBIENTE
O Concello de Santiago de Compostela e a iniciativa Tropaverde lanzan un concurso de envoltorios realizados con materiais reciclados e reutilizables
Segundo a Asociación española de fabricantes de pasta, papel e cartón, agárdase que durante os meses de Nadal se recollan en España 873.000 kilos de papel e cartón. Esta cifra representa un 20% da cantidade total recollida ao longo de todo o ano. Dada a elevada perda de recursos que supón esta xeración de residuos, o Concello de Santiago de Compostela, a través da iniciativa Tropaverde, vén de lanzar un concurso de envoltorios de agasallos realizados con materiais reutilizados, reutilizables e/ou biodegradables.
EMPREGO
Os alumnos e alumnas do obradoiro de emprego CREAS II, que acondicionaron o monte Viso, reciben os seus diplomas
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, entregaron os diplomas ao alumnado do obradoiro de emprego dual CREAS II, co que se realizou unha intervención de mellora medioambiental para a rexeneración do Monte Viso.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno Local aproba o proxecto de reurbanización do tramo da rúa do Hórreo que permitirá conectar a nova intermodal co Ensanche
A Xunta de Goberno local, reunida hoxe, deu luz verde ao proxecto de reurbanización da rúa do Hórreo, que permitirá conectar a nova estación intermodal coa ensanche compostelán. Así o anunciou o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, en rolda de prensa. O proxecto técnico de reurbanización da rúa do Hórreo, no ámbito da fronte da estación intermodal, elaborado por Ezcurra e Ouzande Arquitectura, conta cun Orzamento Base de Licitación de 593.562,72 euros, IVE engadido, e un...
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio pola muller asasinada na localidade de Villarubia de los Ojos, Cidade Real, vítima da violencia machista.
ACCIÓN CULTURAL
A vida cultural compostelá terá un novo espazo online coa campaña CompostelaSomosCultura para gañar vitalidade a pesar da Covid
Un total de oito packs culturais valorados entre os 100 e os 250 euros son os que sorteará o Concello de Santiago a través da campaña CompostelaSomosCultura. Co obxectivo de "revitalizar" a actividade dese sector tan afectado pola pandemia debido á Covid-19 como é o da cultura, as redes sociais inzaranse -desde xa e ata o mes de febreiro- de micro eventos e accións culturais da vida compostelá.