MOCIDADE
Rematadas as obras de acondicionamento dos locais de ensaio e o Centro Xove da Almáciga
A concelleira de Mocidade, Noa Díaz, visitou esta mañá o Centro Xove, unha vez finalizadas as obras de acondicionamento da nave e dos locais de ensaio anexos. Estes traballos contaron cun investimento de 34.000 euros
ACCIÓN CULTURAL
O Festival herDanza celebra cinco edicións sacando de novo a danza á rúa
Este xoves comeza o Festival HerDanza, que este ano chega á súa quinta edición. Entre os días 3 e 5 de setembro, o parque de Bonaval e o CGAC serán os principais escenarios dos espectáculos de danza, as conversas e as proxeccións audiovisuais que constitúen o programa do festival.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba o proxecto de alumeado público na rúa das Estrelas
A sesión ordinaria da Xunta de Goberno local deu o visto bo ao devandito proxecto entre outros asuntos como a formalización dunha operación de crédito prevista nos orzamentos deste ano por 1,2 millóns de euros.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio pola muller asasinada onte na localidade de Águilas (Murcia), vítima da violencia machista.
ALCALDÍA
O curso nas escolas infantís municipais comezará o martes 1 de setembro tralo resultado negativo das probas realizadas a todo o persoal
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, confirmou que as probas de detección da COVID-19 realizadas a todo o persoal das escolas infantís municipais o pasado sábado resultaron negativas, polo que o curso escolar poderá comezar mañá, martes 1 de setembro.
ALCALDÍA
O inicio do curso nas escolas infantís municipais está previsto para o 1 de setembro, unha vez se coñeza o resultado das probas para a detección da COVID-19 de todo o persoal
Segundo indicou o alcalde de Santiago en rolda de prensa, e tralas conversas mantidas coa Consellería de Sanidade, todo o persoal que traballa nas escolas infantís municipais sometarse ás probas de detección da COVID-19 previsiblemente este sábado. Se todo é correcto, o curso empezaría o vindeiro martes, 1 de setembro. No caso dos CEIPs, o Concello está pendente da resolución definitiva da Xunta de Galicia, prevista para o día 7.
TURISMO
Turismo de Santiago participa na Jata Online Travel Mart para os mercados asiáticos
A entidade de promoción turística municipal traballa na promoción da cidade de cara ao Ano Santo adaptándose aos novos formatos consecuencia da COVID-19.
ALCALDÍA
Finaliza a primeira fase das obras de rehabilitación da Casa das Máquinas, que se destinará a uso sociocultural
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado dos concelleiros de Urbanismo, Mercedes Rosón, de Obras, Javier Fernández; e de Economía, Marta Abal; visitou a Casa das Máquinas, situada na rúa das Galeras, por mor da finalización da primeira fase das obras de rehabilitación do edificio. Os traballos consistiron na consolidación do contedor coa colocación da nova cuberta, o que permitiu eliminar o apeo de fachadas; e no saneamento dos muros, coa instalación de carpinterías para poder...
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Abre o 1 de setembro o prazo de inscrición para os obradoiros de teatro e radio programados nos centros do Ensanche e O Romaño
"Proba Teatro en setembro!" e "Radio Teatro", accións incluídas dentro do programa de actividades de centros socioculturais, desenvolveranse a partir do luns 7 de setembro, pero será preciso inscribirse previamente dende o martes 1. Ambas actividades son de balde.
EDUCACIÓN
A Concellaría de Educación destina preto de 245.000 euros ao Plan de Obras de verán nas escolas infantís e colexios de primaria da cidade
A concelleira de Educación, Noa Díaz, ofreceu en rolda de prensa os datos do Plan de Obras verán 2020 que o seu departamento vén de acometer nos centros públicos da cidade. Realizáronse intervencións en 3 escolas rurais, 6 infantís e en 13 centros de primaria cun investimento total de 244.302,82 euros e centradas fundamentalmente en arranxos e cuestións de hixienización.