ACCIÓN CULTURAL

O Festival de Música Barroca programa para o mes de outubro cinco concertos, xornadas de cine e distintas actividades complementarias

30/09/2020

A concelleira de Acción Cultura, Mercedes Rosón, asistiu hoxe á presentación da segunda edición do Festival de Música Antiga e Barroca, organizado polo Ateneo de Santiago. O evento, que se desenvolverá ao longo do mes de outubro, conta cun programa de cinco concertos, xornadas de cine, e distintas actividades complementarias relacionadas coa música barroca.

TURISMO

O alcalde sinala que a selección por parte do Ministerio de Industria do "Plan de Sostibilidade Turística de Santiago" é unha boa noticia para a cidade e para Galicia

30/09/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, amosou hoxe a súa satisfacción pola seleccion, por parte da Secretaría de Estado de Turismo, do Plan de Sostibilidade Turística en destinos 2021/2023 elaborado pola concellaría de Turismo, que segundo informou o Ministerio de Industria a través dunha nota de prensa, contará cun investimento de tres millóns de euros. É, sinalou o rexedor,"unha boa noticia" para Compostela e unha "boa noticia para Galicia".

EDUCACIÓN

Os solicitantes de días fixos que non están facendo uso do comedor escolar deberán confirmar a súa praza antes do 8 de outubro

30/09/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez BugallO, e o concelleiro de Educación, Rubén Prol, reuníronse hoxe con responsables das ANPAS dos colexios públicos con comedor xestionado polo concello. Desde o goberno municipal pedíronlle ás familias daqueles usuarios que non están facendo uso do servizo, que confirmen a súa praza antes do 8 de outubro (inclusive) para poder saber cal é o número de prazas realmente dispoñibles e así poder atender outras solicitudes.

ALCALDÍA

Visita institucional da embaixadora de Romanía

29/09/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu a embaixadora de Romanía en España, Gabriela Dancau, que asinou no libro de Ouro da cidade. No texto, sinala sentirse "honrada" desta visita ao concello compostelán, e agradece a "hospitalidade que lle brindan" de "continuar estreitando" as "excelentes relacións de cooperación" entre Romanía e Galicia. O rexedor, que lle agradeceu a visita, interesouse pola situación do colectivo romanés no noso país.

POLÍTICAS SOCIAIS

A AECC conta con nova sede en Santiago

29/09/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asistiu á inauguración da nova sede da Asociación Española contra o Cancro (AECC), un baixo de 163 metros cadrados,situado na Avenida de Barcelona, preto do Complexo Hospitalario de Santiago. No acto tamén estiveron presentes o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña; o presidente da asociación en Compostela, Francisco Pais; e a concelleira de Políticas Sociais e Saúde, Mila Castro.

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno adxudica obras por preto de 1.200.000 euros

28/09/2020

A Xunta de Goberno local, en sesión ordinaria, deu o visto bo á adxudicación de varias obras por un montante global de 1.218.022,76 euros, a maioría delas correspondentes ao Plan de Obras e Servizos (POS) da Deputación da Coruña. O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, deu conta destes e outros asuntos en rolda de prensa está mañá.

ACCIÓN CULTURAL

A Banda Municipal de Música ofrecerá catorce concertos dentro do ciclo de outono

28/09/2020

"En tempo cos ventos" é o título que agrupa os catorce concertos que dará a Banda Municipal de Música nos vindeiros tres meses. O programa, que foi presentado esta mañá pola concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e o director da formación, Casiano Mouriño, recolle importante colaboracións e o comezo dun ciclo de concertos nos centros socioculturais.

Compartir: