TURISMO E CULTURA
"Curtocircuíto na Rúa" presenta curtas gañadoras de máis de 100 premios internacionais
Curtocircuíto na Rúa, o ciclo de curtas ao aire libre organizado pola Concellaría de Promoción Económica e Turismo e a Concellaría de Cultura, presenta o programa A Volta ao Mundo, que se proxectará o xoves 31 de xullo no Cemiterio de Bonaval a partir das 22:30 horas. O programa componse de sete curtametraxes internacionais gañadoras de máis dun centenar de premios.
RESUMO XUNTA DE GOBERNO
Nova edición do programa "Kamelamos Guinar"
O Goberno municipal adxudicou á Fundación Secretariado General Gitano unha nova edición do programa "Kamelamos Guinar" (Queremos contar), dirixida a nenos e adolescentes do colectivo xitano. O orzamento do programa é de 11.950 euros.
URBANISMO
O Plan Parcial do Monte do Seixo completa con case 300 novas vivendas un ámbito en plena expansión
A concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, explicou en rolda de prensa o Plan Parcial do solo urbanizable delimitado número 14 (Monte do Seixo), aprobado pola Xunta de Goberno Local. Este é o primeiro solo de iniciativa privada que se pon en marcha do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).
ALCALDÍA
O alcalde expresa o apoio municipal á Alianza de Civilizacións
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi a Máximo Cajal, ex diplomático e representante de España na Alianza de Civilizacións. Ambos tiveron unha longa conversa, na que non faltou un completo repaso á actualidade internacional.
ALCALDÍA
Reúnese o Consello da Capitalidade
O Consello de Capitalidade reunirase o mércores 30 de xullo no Salón de Actos de Presidencia da Xunta (Pazo de Raxoi). Presidida polo titular da Xunta, Emilio Pérez Touriño, co alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, como vicepresidente, celebrarase unha nova xuntanza deste órgano, encargado de estudar e valorar os custos que para a cidade de Santiago de Compostela supón a súa condición de capital de Galicia, e a fixación dos instrumentos de compensación precisos.
ALCALDÍA
Peregrinación para concienciar sobre as enfermidades neurálxicas
Máis de 30 membros da Asociación de Esclerose Múltiple de Toledo, entre eles catro enfermos, chegaron a Santiago, despois de realizar o tramo do Camiño de Santiago dende a localidade lucense Sarria. No Obradoiro foron recibidos polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.
ALCALDÍA
Conversa sobre a situación do pobo saharauí
O delegado da Fronte Polisaria para Galicia, Ahmedu Mojtar, foi recibido polo alcalde compostelán. O representante saharauí tivo ocasión de explicarlle a Xosé A. Sánchez Bugallo a actual situación do pobo saharauí e de agradecerlle a colaboración en programas como o de Vacacións en Paz, que trae a nenos saharauís a pasar o verán con familias galegas.
FESTAS
Loreena McKennitt presenta o seu último espectáculo en Compostela
Despois de nove anos e máis de 13 millóns de discos vendidos en todo o mundo, a canadiense Loreena McKennitt ofrecerá o mércores 30 na Quintana, ás 22:30 horas, un repertorio dos seus mellores temas e presentará o seu último traballo, An ancient muse, no que mestura sonidos celtas, melodías escocesas e baladas irlandesas con música tradicional grega, turca, española e escandinava.
REFORMA ADMINISTRATIVA
A web municipal de Santiago, entre as que mellor informan aos cidadáns
A páxina web do Concello de Santiago é a sexta en nivel de transparencia entre as dos municipios españois. Así o reflicte o Índice de transparencia dos Concellos, elaborado pola ONG Transparencia Internacional España.
CONSORCIO
O Consorcio e a USC poñen en marcha a terceira edición do Programa ConCiencia
O presidente do Consorcio e alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro, asinaron o convenio de colaboración para a realización da terceira edición do Programa ConCiencia de divulgación científica. No acto participaron ademais o xerente do Consorcio, Xosé Manuel Villanueva, e o profesor da USC e coordinador de ConCiencia, Jorge Mira.