ALCALDÍA
O Concello de Santiago decreta tres días de loito oficial polo falecemento dun bombeiro nun operativo
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, decretou esta mañá tres días de loito oficial en sinal de dó polo falecemento dun funcionario do Servizo de Extinción de Incendios no marco dun operativo na parroquia de Aríns.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno Local adxudica o servizo de mantemento dos ascensores e salvaescaleiras dos edificios municipais
A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión ordinaria, acordou adxudicar o servizo de "Mantemento dos ascensores e salvaescaleiras dos edificios e locais municipais do Concello de Santiago" á empresa Ascensores Enor, SL. por un importe de 44.097,24 euros IVE engadido. O prazo de execución do contrato, segundo o expediente, é de dous anos, con posibilidade de prórroga de dous anos máis.
MOBILIDADE
O Concello de Santiago rebaixa un 30% os bonos multiviaxe do bus urbano dende o 1 de setembro
Grazas a esta rebaixa o bono ordinario pasará de 0,60 euros por viaxe a 0,42 euros; o bono escolar, de 0,40 euros por viaxe a 0,28 euros; e o bono mensual, de 26 euros ao mes, a 18,20 euros. A medida entrará en vigor o 1 de setembro e aplicarase directamente ao recargar o correspondente bono, sen necesidade de ningún trámite máis.
MEDIO AMBIENTE
O Concello presenta santiagosostible.gal, un punto de encontro para todas as iniciativas relacionadas co novo servizo de limpeza viaria e recollida de lixo
A concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, presentou esta mañá no parque de Galeras a nova imaxe e a web do servizo de limpeza viaria, santiagosostible.gal, un punto de encontro da cidadanía co servizo. Este espazo servirá para facer máis accesible a información e simplificar certos trámites, como por exemplo a solicitude de composteiros, e permitirá tamén achegar dúbidas e suxestións ou contactar co servizo de recollida de voluminosos a domicilio, entre...
ACCIÓN CULTURAL
A Deputación apoia con 225.000 euros a programación de actividades do Auditorio de Galicia
A alcaldesa en funcións e concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, asinou hoxe co presidente da Deputación, Valentín González Formoso, o convenio para o financiamento de programas como as xornadas de ilustración e música contemporánea, o ciclo de Lied, a mostra Deber de Baltar, o Festival C, a semana do patrimonio invisible ou o apoio ás compañías de artes escénicas e de movemento.
TURISMO
Santiago logra o seu máximo histórico de pernoctacións en xullo con máis de 180.000
Os establecementos hoteleiros de Santiago xa superan as pernoctacións acumuladas nos sete primeiros meses do ano 2019 confirmando a forte reactivación turística da cidade.
MEDIO AMBIENTE
O Concello de Santiago continuará coas actuais medidas de reducción de consumo, ao non adoptarse modificación algunha na reunión con Augas de Galicia
As medidas sobre o consumo de auga adoptadas polo Concello de Santiago o pasado 1 de agosto, antes de que a Xunta de Galicia decretase o estado de prealerta por seca, continuarán aplicándose. Esta mañá tivo lugar unha reunión telemática entre representantes dos concellos da conca do Tambre e Augas de Galicia, que de momento, non modificou as citadas medidas.
MEDIO AMBIENTE
O Concello dá conta do Plan contra a seca e lembra a necesidade de facer un uso responsable da auga ante a situación de prealerta
A concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, deu conta esta mañá en rolda de prensa do Plan municipal contra a seca, que o Concello presentou en Augas de Galicia en decembro de 2021 e que establece as medidas a tomar en función das diferentes situacións decretadas nas cuncas dos ríos polo ente autonómico. Tamén lembrou a necesidade de facer un uso responsable dos recursos hídricos durante todo o ano e detallou as actuacións que o Concello vén realizando xa dende antes de que se decretara a prealerta. Estivo...
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba a concesión de 43 axudas para o uso de taxi por un total de 15.000 euros
En sesión ordinaria, a Xunta de Goberno local deu o visto bó á resolución definitiva da convocatoria para a concesión de axudas individuais para o uso do servizo de taxi como medio alternativo para as persoas con dificultades de mobilidade ou que presentan limitacións para o uso do transporte colectivo, cunha achega total de 15.000 euros. Tamén aprobou o proxecto para o acondicionamento do aparcadoiro de servizo do parque Eugenio Granell por preto de 132.000 euros.
IGUALDADE
Minuto de silencio polas últimas vítimas mortais de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu esta mañá un minuto de silencio polas mulleres asasinadas o 12 de agosto en Sevilla e o 13 de agosto en Valladolid, vítimas de violencia machista