SAÚDE

O Concello municipal de Saúde avanza na creación dun plan integral de saúde para Santiago

31/03/2022

A concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, presidiu o pasado martes 29 de marzo a xuntanza do Consello municipal da Saúde, no que se compartiron os resultados do estudo preliminar realizado pola USC co fin de obter información sobre o estado de saúde da cidadanía compostelá para identificar áreas de mellora nos servizos e programas. Este diagnose, que será completada coas achegas dos membros do Consello, constitúe o primeiro paso para a elaboración dun Plan de Saúde integral para a cidade, que facilitará...

ALCALDÍA

Xosé Sánchez Bugallo participa na recepción de SM o Rei aos alcaldes e alcaldesas do Grupo de Cidades Patrimonio

31/03/2022

O Palacio de la Zarzuela acolleu esta mañá unha audiencia na que Don Felipe recibiu aos membros da Asemblea do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, máximo órgano de goberno da asociación, para presentar a aos seus novos membros tras a constitución das novas Corporacións Municipais. O alcalde aproveitou o encontro co monarca para trasladarlle a invitación á festividade do Apóstolo o 25 de xullo.

MOCIDADE

Entrega de agasallos ao alumnado dos institutos Xelmirez II e Eduardo Pondal, premiados na campaña "Vas picar? Mocidade libre de apostas"

31/03/2022

O concelleiro de Mocidade, Rubén Prol, entregou hoxe os agasallos aos premiados na campaña "Vas picar? Mocidade libre de apostas" para a prevención das adiccións aos xogos de apostas, iniciada polo Concello o pasado 29 de outubro. Catro alumnos e alumnas do IES Xelmirez II, e nove alumnos e alumnas dos grupos de 3ºA e de 3ºB do IES Eduardo Pondal, recibiron cadansúa mochila en gris, co lema "Vas picar?

EDUCACIÓN

Case 100 alumnas e alumnos participaron esta semana na actividade "Quen é quen: os instrumentos que viven na Escola Municipal de Música", dirixido aos centros de educación infantil e primaria

30/03/2022

Esta iniciativa enmárcase no XI ciclo de sesións didácticas organizadas polo Concello de Santiago e a Escola Municipal de Música de Santiago co obxectivo de dar a coñecer os instrumentos musicais entre os máis cativos. Na última sesión, que tivo lugar onte na EMM, participaron 98 alumnas e alumnos de 1º e 2º de educación primaria do CEIP de Vite I e do CEIP Apóstolo Santiago.

ACCIÓN CULTURAL

O ciclo De Lugares e Órganos volve á Semana Santa de Compostela

29/03/2022

A programación inclúe concertos e outras actividades que terán lugar do 8 ao 17 de abril en diferentes espazos da cidade. No evento participarán organistas de renome como Annelie Gahl, Michael Schöch, Cristina Alís, María de Mingo, Marta López, Marés Sonoras, Javier Artigas ou os Ministriles de Marsias.

URBANISMO

Nova xuntanza da Comisión mixta de Peleteiro

29/03/2022

Hoxe tivo lugar no Pazo de Raxoi unha nova xuntanza da Comisión mixta de Peleteiro, presidida polo alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, na que se "deu o pistoletazo de saída ao inicio das tramitacións que deben conducir á modificación do PXOM e, polo tanto, ao desbloqueo da operación Peleteiro".

MEDIO AMBIENTE

O alcalde de Santiago recibe ás gañadoras do concurso de TikTok "Conecta coa economía circular"

28/03/2022

O xurado, conformado por representantes do Concello de Santiago, da UCGAL e polo crítico cinematográfico e musical Moncho Lemos, outorgou o primeiro premio deste concurso a Lucía García Amado, que se centrou en como abordar a problemática da contaminación ambiental a través das 4R; o segundo a Amira Rosón Prieto, que apostou por mostrar como darlle unha segunda vida á roupa; e o terceiro a Rebeca Rey Vázquez, que abordou o impacto que está a ter o gran volume de lixo que xeramos e como podemos facerlle fronte.

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno Local aproba a modificación inicial do proxecto de urbanización do SUP 1 en Romero Donallo e a adxudicación de varias obras no rural compostelán

28/03/2022

A Xunta de Goberno Local aprobou inicialmente a modificación do Proxecto de urbanización do SUP-1 (Romero Donallo), segundo o proxecto presentado o 21.01.2022 polo Presidente da Xunta de Compensación. Tamén deu luz verde a adxudicación de catro actuacións no rural compostelán, por un importe total de 644.749,41. Dos acordos adoptados informou, en rolda de prensa, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo.

Compartir: