ALCALDÍA
O alcalde chama á responsabilidad individual e colectiva para rematar coa pandemia e lanza unha mensaxe de optimismo de cara ao 2022 na Ofrenda da Translación
O alcalde de Santiago exerceu esta mañá de delegado rexio na Ofrenda da Traslación que, como cada 30 de decembro, se celebra na Catedral de Santiago. Nesta ocasión, asistiu a ministra de Turismo, Reyes Maroto; así como o presidente do Parlamento, Miguel Santalices; o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones; e o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda.
EDUCACIÓN
O alcalde de Santiago e o concelleiro de Educación visitan as actividades de conciliación na Ludoteca de Fontiñas
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Educación, Rubén Prol, visitaron o Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes para coñecer de preto as actividades lúdico-educativa dirixidas á infancia no marco do Programa de Conciliación de Nadal
DEPORTES
Máis de 1.100 inscricións nunha nova edición da San Silvestre marcada polas medidas anti-covid
A concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, presentou en rolda de prensa a oitava edición da San Silvestre compostelá, na que os participantes deberán correr con máscara e en grupos de 300 persoas por mor das medidas sanitarias para a contención da pandemia. A saída será desde a Avenida de Xoán XXIII e a meta será na Praza do Obradoiro.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio pola muller asasinada en Elxe (Alacante) vítima de violencia machista.
MEDIO AMBIENTE
Santiago presentará o proxecto para elaborar a Estratexia de infraestrutura verde e adaptación ao cambio climático, que suma preto de 5 millóns, ás axudas convocadas pola Fundación Biodioversidad
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo e a concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, confirmaron en rolda de prensa que o Concello se presentará á convocatoria de axudas da Fundación Biodiversidad para fomentar actuacións dirixidas á renaturalización e resiliencia de cidades españolas. O proxecto, de preto de 5 millóns, podería obter unha subvención de ata 4 millóns.
ACCIÓN CULTURAL
Preséntase o caderno divulgativo "As casas do Concello", do que se editaron 10.000 exemplares
A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón; acompañada da investigadora e especialista en historia e patrimonio, Mercedes Vázquez Bertomeu; presentou o caderno "As casas do Concello". A publicación describe a evolución do concepto de Concello desde as primeiras asembleas veciñais abertas na Idade Media ata a adquisición total do Pazo de Raxoi en 1968, a través dun traballo de investigación rigoroso, cun formato divulgativo, no que destaca o deseño e contido.
CIDADES PATRIMONIO
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade entrega o Premio Patrimonio á Fundación Catedral de Santiago de Compostela
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España entregou o Premio Patrimonio, na súa décimo cuarta edición, á Fundación Catedral de Santiago de Compostela. Trátase dun premio co que o Grupo recoñece a importancia do proxecto de restauración e rehabilitación do conxunto histórico monumental da Catedral de Santiago de Compostela, xoia única no patrimonio mundial.
ACCIÓN CULTURAL
Inaugúrase en Santiago a exposición sobre os 50 anos da Casa de Rosalía
Estará na Alameda desde hoxe ata o 24 de xaneiro, cando se trasladará a Padrón para continuar cunha itinerancia que a levará por ducias de cidades e vilas de todo o país. Esta mostra repasa a historia da Casa-Museo de Rosalía e lembra o fito que supuxo conseguir mercar, restaurar e musealizar esta Casa en pleno franquismo grazas á colaboración de milleiros de persoas.
FESTAS
O Mercado da Estrela recibiu máis de 14.000 visitas entre o 16 e o 19 de decembro
Nos catro días de duración deste evento multidisciplinar despregado en diferentes espazos de valor histórico e patrimonial da nosa cidade, a feira creativa e os concertos recibiron en total máis de 14.000 visitas.
MEDIO RURAL
José Manuel Pichel visita as actividades de conciliación nos centros socioculturais da zona rural
O concelleiro de Medio Rural, José Manuel Pichel, visitou as actividades de conciliación lúdico-educativas de Nadal que se desenvolven nos centros socioculturais da zona rural.