MEDIO RURAL
Comezan as obras da senda peonil de Laraño e o luns está previsto que se incie a prolongación das beirrarúas da Rúa do Tambre
Esta semana comezou a execución das obras de "Senda peonil e reforzo da calzada en Paredes de Laraño", na parroquia de Laraño; promovidas pola concellaría de Medio Rural do Concello de Santiago. Os traballos contan cun orzamento de 126.420 euros, e un prazo de execución de catro meses.
ALCALDÍA
O alcalde amosa a súa satisfacción ante a evolución positiva das cifras de covid na cidade pero chama a non baixar a garda
Ante a flexibilización dende hoxe, venres 26 de febreiro, das medidas restritivas vixentes na cidade debido á redución das cifras da pandemia, o rexedor compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, apelou novamente á prudencia e á responsabilidade da cidadanía para "non volver cara atrás".
CORONAVIRUS
Restricións vixentes en Santiago dende hoxe, venres 26 de febreiro
Consulta nos documentos adxuntos as medidas restritivas vixentes na cidade dende hoxe, venres 26 de xaneiro, acordadas pola Xunta de Galicia para conter o avance da pandemia provocada pola COVID-19.
PLENO
O Pleno aproba o texto refundido da modificación puntual do Plan especial da Cidade Histórica que emenda os defectos formais sobre os aloxamentos temporais
O Pleno do concello de Santiago aprobou, cos votos a favor do Grupo Socialista e de Compostela Aberta e a abstención do BNG e o PP, o texto refundido da modificación puntual do "Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica (PE-1) para limitar os aloxamentos de carácter temporal no seu tecido residencial", en execución da sentenza do TSXG número 547/2020.
SEGURIDADE CIDADÁ
A Policía local localiza o autor dun atropelo a unha muller o pasado xoves que se dera á fuga
O equipo de Atestados da Policía local localizou no día de onte ao condutor dun vehículo que atropelara unha muller o pasado xoves e que se dera á fuga. A falta de testemuñas complicou as pesquisas, pero grazas ao labor de investigación realizado polos axentes, o autor puido ser localizado.
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia cumpre 25 anos
A Real Filharmonía de Galicia daba os seus primeiros pasos o 29 de febreiro de 1996. A orquestra cumpre 25 anos cunha traxectoria xa consolidada, baixo a xestión do Consorcio de Santiago, organismo interadministrativo no que cooperan o Goberno de España, a Xunta de Galicia e o Concello de Santiago. Con sede na cidade de Santiago, no Auditorio de Galicia, traballa por levar a música a Galicia enteira.
ACCIÓN CULTURAL
Compostela homenaxea a Rosalía no 184 aniversario do seu nacemento
Un 24 de febreiro de 1837 nacía Rosalía de Castro en Santiago de Compostela. Para conmemorar o 184 aniversario dese nacemento celebrouse un ano máis o Día de Rosalía. No marco desta efeméride, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, asistiron á ofrenda floral organizada pola Fundación Rosalía de Castro na praza de Vigo, lugar onde naceu a poeta.
ACCIÓN CULTURAL E FESTAS
Entrega de premios aos gañadores do concurso "O disfrace invisible"
Os concelleiros de Acción Cultural, Mercedes Rosón; e de Festas, Gonzalo Muiños, participaron hoxe na entrega de premios do concurso fotográfico "O Disfrace invisible", ao que se presentaron máis de 150 imaxes. A foto gañadora, dunha nena camuflada no cemiterio do parque de Bonaval; recibiu un premio de mil euros e foi presentada por Raquel, Álex, e Mara Bragaña Boo.
ACCIÓN CULTURAL
Santiago acollerá en marzo unhas xornadas sobre a creación contemporánea a partir de arquivos sonoros
Durante catro días desenvolveranse en distintos puntos da cidade espectáculos ao vivo, encontros, unha charla, un obradoiro, unha escoita comentada e un paseo sonoro. As entradas para os concertos programados no Teatro Principal sairán á venda o día 22, en función dos aforos permitidos nese momento.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno Local aproba o proxecto da obra "Acondicionamento de camiño agrícola en Requesende"
A Xunta de Goberno Local, reunida hoxe en sesión extraordinaria, aprobou o proxecto da obra "Acondicionamento de camiño agrícola en Requesende (Sabugueira)", que conta cun orzamento de total de 65.369,04 euros, e un prazo de execución de dous meses.