COMERCIO
O prazo para solicitar as axudas aos sectores comercial e hostaleiro abrirase na primeira semana de maio
Unha vez aprobados os expedientes de crédito necesarios por parte do Pleno da Corporación, e coa entrada en vigor do orzamento de 2021 o vindeiro luns, a convocatoria de axudas para os sectores do comercio e a hostalería poderá ser aprobada o propio día 3 nunha Xunta de Goberno extraordinaria.
TURISMO
Santiago presenta as estratexias para a reactivación do turismo das Cidades Patrimonio da Humanidade
O alcalde de Santiago, Xosé Sanchéz Bugallo, e o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, presentaron o documento de "Estratexias para a reactivación do turismo cultural e patrimonial no escenario Post Covid-19", elaborado polo Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, no que Santiago participa activamente.
PLENO
O Pleno aproba definitivamente o orzamento de 2021 e os expedientes de crédito para poñer en marcha a nova convocatoria de axudas fronte á covid
O pleno municipal, na súa sesión ordinaria de abril, deu luz verde de forma definitiva ao orzamento municipal para 2021, que ascende a 125.000.000 de euros. Nesta sesión tamén se aprobaron os expedientes de crédito necesarios para poñer en marcha a nova convocatoria de axudas destinada aos sectores máis afectados pola covid, que en total chega aos 5.207.000 euros.
ACCIÓN CULTURAL
Ilustración e feminismo cóllense da man na edición de primavera de Compostela Ilustrada
A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, presentou esta mañá a edición de primavera de Compostela Ilustrada, protagonizada por mulleres e que se desenvolverá do mércores 5 ao sábado 8 de maio. Estivo acompañada por Gemma Sesar, coordinadora das actividades.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo reivindica o papel do "grupo dos dezaseis", redactores do texto que serviu de base ao Estatuto de Autonomía
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asistiu hoxe á inauguración, no Museo do Pobo Galego, da exposición Unha Galicia mellor: 40 anos do Estatuto de Autonomía, 1981-2021. Durante a súa intervención, o rexedor amosou o seu desexo de que o documento normativo, "se pode ser ampliado e mellorado", continúe vixente moitos anos "e siga rendendo tan bos froitos para o conxunto de Galicia e o conxunto do Estado".
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio pola muller asasinada onte en Bisbal del Penedès (Tarragona), vítima da violencia machista.
ALCALDÍA
Xuntanza do alcalde e o secretario de Estado de Seguridade
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse esta mañá co secretario de Estado de Seguridade, Rafael Pérez, de visita na capital de Galicia para tratar cuestións de seguridade relativas ao Ano Santo 2021-2022. No encontro tamén estiveron presentes o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, e o concelleiro de Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago vai substituír as cubertas do Pazo de Raxoi para evitar as filtracións da auga da choiva ao interior do inmoble
O Consorcio de Santiago acaba de adxudicar as obras de substitución das cubertas do Pazo de Raxoi por un importe global de 706.701,14 €. A empresa adxudicataria é Obras Gallaecia, S.L. Prevese un período de execución estimado de seis meses.
ACCIÓN CULTURAL
Volve o festival de artes performativas Plataforma do 26 de maio ao 5 de xuño
Entre o 26 de maio e o 5 de xuño de 2021 terá lugar a segunda edición do festival de artes performativas Plataforma, un proxecto que baixo o fío da performatividade quere tender pontes entre as artes visuais e as artes vivas, a música, as artes escénicas, a arquitectura e o deseño. Hoxe presentárono en rolda de prensa a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e os organizadores Mónica Maneiro e Iñaki Antelo, de Performa S. Coop. Galega
IGUALDADE
Este venres reabre a Casa das Mulleres Xohana Torres
A concelleira de Igualdade, Mercedes Rosón, deu conta en rolda de prensa da reapertura da Casa das Mulleres Xohana Torres (CMXT) e do servizo co que contará para a súa coordinación e funcionamento. Estivo acompañada por Eva Garabal, que se encargará da coordinación das actividades e accións.